medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Clausurar os medos

Un artigo de Diego Taboada

¿ Canta verdade somos capaces de soportar ? (F.Nietzsche)

Non teño medo ao reintegracionismo. Ao contrario, considéroo coma un espazo mental necesario para que Galicia se sitúe no mundo rompendo o cascarón do auto-illamento e observándose dende dentro e dende fóra de sí mesma , do mesmo xeito que fan os suxeitos colectivos que adquiren progresivamente unha maior solidez no seu ser e estar no mundo.

Diego Taboada

Diego Taboada

Porén, considerar que a lingua é a partícula elemental da identidade dun pobo – ou mesmo que esta pode facerse intelixible dende discursos totais – paréceme caer nun excesivo filoloxismo que, ademais, remata case sempre por encherse de perfumadas metafísicas identitarias dende a política institucional. E dígoo eu, precisamente, que todavía sufro dun suposto anacronismo – sic – estético que xa hai tempo que me persuade do seguinte, a saber : que volver pensar o romanticismo como reacción estética e ética ás consecuencias sociais e ecolóxicas da cristalización do capitalismo industrial, non estaría nada mal, non, sobre todo se facemos algo de hixiene filosófica sobre o nacionalismo cultural e a ideoloxía patriarcal que o foi enchendo históricamente de merdiña, e que volver pensar a ilustración como reacción ética, estética e epistémica a unha sociedade que concibe ás persoas en tanto que medios para producir valor de cambio monetario en tódalas súas actividades, mesmo nas mentais, e non fins en sí mesmas, con dignidade ética e moral de seu, tampouco estaría nada mal, non.

Non teño medo ao reintegracionismo, ademais, por máis motivos : porque quero coñecer máis e mellor o que se achega ao pensamento socio-lingüístico e filolóxico, porque quero tecer unha ponte entre a lingua realmente existente que temos e a lingua realmente desexable que procuramos, porque me parece, como mínimo, sospeitoso, que as canles mediáticas entre Galicia e os países lusófonos non existan, porque quero tecer unha ponte mental entre a memoria colectiva de noso e a de outros países que tanto, tanto, tanto nos poderían achegar na súa memoria cultural sobre a honesta loita pola emancipación e a resistencia ante a vontade de asimilación cultural dos colonialismos doutrora e os neocolonialismos de agora, porque achega unha visión analítica e histórica moi sólida sobre esa película perfumada que nos venderon sobre o consenso lingüístico do 83 e sobre o que eu mesmo, no meu cándido descoñecemento, cheguei a escribir…. e porque considero que aí, precisamente aí, no ámbito do reintegracionismo, existen reflexions e análises que, á hora de falarmos de tecer unha Galicia que deixe de mirar sempre cara o embigo e o terruño patrio, son fundamentais para pensar a noso ser e estar no mundo dende unha concepción híbrida, transnacional e mestiza das identidades culturais, trascendendo os ríxidos e violentos esquemas identitarios impostos polos estados-nación realmente existentes.

En resumo : Non teño medo ao reintegracionismo porque ten razons e fundamentos de seu, e ao que ten razons e fundamentos de seu non se lle pode quitar a palabra, a non ser por covardía. Non teño medo ao reintegracionismo como tampouco teño medo aos partidarios dunha normalización lingüística de mínimos que debería recuperarse con urxencia sen considerala coma un punto e final na historia linguística e cultural de Galicia, senon coma un punto de partida para seguir camiñando. En todo ao que fai referencia a emancipacions sociais, linguas e culturas, que se lle vai facer, son un pouco teimudo : gústame pensar táctica e estratexicamente para orientarme a medio-curto prazo e a medio-longo prazo: entre o posible e o necesario e dende a situación real. Hai que asumir esta tensión e comezar a tocar o acordeón.

Narrativas totais e excluíntes existen, sí, tanto aquén como alén Miño. En moitas ocasions percibo que alguns suxeitos defenden un reintegracionismo filoloxista strictu sensu, no que non existe a perspectiva histórica, literaria e cultural comparada, e no que os motivos profundos desa afiliación arraizan no resentimento contra as linguas hexemónicas, a saber, o castelán e o inglés. Entendo, de verdade, esta reacción defensiva, e sobre todo nun contexto de abafante castelanización lingüística imposta vía razón de Estado e nun contexto no que o Todo en inglés imponse, coa mesma forza, pola vía razón de Mercado. Con todo, esta reacción paréceme inxusta se realmente queremos falar de tecer cosmopolitismo – non cosmopaletismo provincián e gasoso e xustiza social neste país noso que temos e que nos están deixando, todo hai que decilo, feito unha verdadeira merdiña.

Teño amigos en Madrid e en Londres; aféctanme os seus problemas e son consciente de que entenden os motivos e as causas do malestar que xera a triste e persistente hexemonía do franquismo cultural en España. Teño familia en Barcelona, en Asturias e en Madrid, e non podo mentirme a min mesmo convencéndome de que a hexemonía dunha casta de neocons provincianos e ignorantes, hipócritamente católicos en público e delincuentes políticos consumados en privado, franquistas culturais redomados e monárquicos por pura conveniencia e oportunismo político. Non podo mentirme a min mesmo, digo, confundindo a esta casta de intocables coa sociedade civil española – lingüística e culturalmente plural no seu conxunto – e responder afiliándome a posicions reintegracionistas por mero resentimento ou reactividade política, como tampouco podo, por honor á verdade, considerar que os fundamentos teóricos e prácticos de normalizadores lingüísticos son un punto e final ou motivo da clausura do debate lingüístico dentro ou fóra de Galicia.

Os fundamentos – os meus, cando menos – sígoos tendo claros, e non son unha verdade total, senon un punto de partida ético e epistémico: Avogo por unha visión intercultural dos dereitos humanos. Aquén e alén Miño, e sumando. Os internacionalismos non poden tecerse dende o prexuízo cultural, senon dende o coñecemento e o recoñecemento do outro. Todo suxeito, como toda lingua e toda cultura, é un ser vivo. E todo suxeito, como toda lingua e toda cultura, é transnacional e mestiza. Transnacional en tanto en canto os ríxidos esquemas identitarios do estado-nación e os seus rituais oficializados, non se corresponden coas historias de vida reais das persoas, e mestiza en tanto en canto toda retórica da autenticidade cultural e/ou civilizacional alicerza sobre falsos fundamentos. Ou dito dun xeito gráfico : nin a filosofía é un invento autóctono dos gregos nin a escravitude comezou en tempos de Grecia.

Para o bo e para o malo, convén non crer que o mundo familiar que nós experimentamos día tras día… é o único mundo posible. Mais, de verdade estamos dispostos a clausurar os múltiples medos que nos abafan neste país. E, por suposto, sair de novo da caverna ?.

Toma número 15, luces, cámara, ¡ paixón ¡

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 6 = 12