medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Artigo aburridísimo

Un artigo de Samuel L. Paris

Samuel L. Paris

Leo e leo e leo e abúrrome e penso miña nai non poderían escribir cousas máis entretidas e despois penso a ver Samuel debe ser que non buscas abondo e despois penso que sempre me expreso en fórmulas sintácticas tan sinxelas que blablabla e despois volvo pensar no aburrido que estou cando leo segundo que cousas e penso miña nai e non podería escribir este fulano sobre non sei sobre unha familia ecualizada á perfección que cando soan os graves a nai faise máis e máis grande e o pai desaparece e despois perdo o fío e penso que podería entenderse como unha PUTA ALEGORÍA sobre o patriarcado e que cando as cousas se poñen graves os papás desaparecen porque ai e pérdome e penso que non hai un cristo que escriba cousas que me divirtan ou que me entreteñan mais sei que non as busco e despois penso que debe ser que o motivo de non procuralas é que me acostumaron a aburrirme con elas e eles e despois penso no super mario kart da super nintendo e penso en que a mellor novela da literatura galega estivese protagonizada por luigi montado nun carro anano atravesando cincocentos universos paralelos e despois penso que iso tamén sería aburrido e despois estou calado porque agora mesmo estou escribindo isto no móbil dentro dunha sauna con oito machos en cirolas e estamos mirándonos medios raros e agora comezo a pensar se o vapor me amolará o teléfono móbil e agora volvo pensar na familia ecualizada da que falei antes e reparo en que entendín a familia algo formada por un papá e unha mamá e penso que iso pode que non sexa moi moderno e penso que no fondo estou comezando a ser como esas persoas que escriben artigos aburridísimos en blogues aburridísimos criticando aspectos doutras persoas que no fondo están a FACER ALGO mentres os autores ou autoras deses blogues non son máis que MERDA ABURRIDÍSIMA que nin te alegras de pisar por se che dá sorte e penso que o valor da coherencia entre o que pensas e o que fas é a cousa máis aburrida que se pariu nesta terra e mira que nesta terra hai unha boa recua de cousas aburridísimas porque somos uns aburridos que escriben cousiñas en troca de andar de carallada en troca de beber en troca de lamber latas de atún en troca de mirar a xente polos ollos na rúa e sinalarnos o embigo co noso dedo máis feo en troca de chamar aos nosos familiares por teléfono e finxir a nosa propia morte en troca de empregar google maps para indicar todos os sitios nos que che puxeron os cornos en troca de vender aos turistas seme do apóstolo en caixas de cartón nada herméticas en troca de favorecer o shaking so bad que hai en cada un dos pulmóns dos bebés que naceron mortos en troca do let it go que hai nas primeiras relacións sexuais anais e ai cando penso que me aburro…

3 comentarios a Artigo aburridísimo

  1. jajajaja…pois lino todo e non me aburrín nadiña.

  2. Vostede é poeta, Samuel. Un poeta debe ser quen de aburrirse a varios niveis e diseccionar tal aburrimento en verso. A baixa tolerancia ó aburrimento é máis propia de narradores (que non prosistas). Bukowski tocara atinadamente o tema nun seu relato sobre monos voadores ou algo polo estilo.
    E o vapor non lle fai mal ós móbiles. Eu cheguei a baleirar sen querer a miña copa sobre smartphone (ou como se chamen eses trebellos) alleo e nada lle sucedeu.

  3. Pingback: Shaking so bad | Parará, París

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


6 + = 13