medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O que aprendín nunha viaxe ao Norte

Un artigo de Iria Ameixeiras

Recomendo para ler este artigo Imik si Mik de Hindi Zahra

Cantas veces poden facernos cambiar de soños. Cada vez os soños son máis mediocres. Son

Iria Ameixeiras

cuestión ás que se lles van mutilando o ánimo. Unha amiga prestoume un libro sobre a guerra de Bosnia. É un libro feito de debuxos e algo de literatura, contado por un xornalista de bandas deseñadas, soñador con aparencia de dependente de anticuario. Chámase Joe Sacco. Viviu na cidade asediada de Gorazde unida ao mundo por un único cordón umbilical chamado a “Ruta Azul”. Dos carmíns e cigarros que circulaban por este camiño dedúcese a intensidade do soño das persoas cando non teñen para comer. As súas historias tamén son de castración, pero requiren de moito máis sangue que calquera cousa da que nunca espero ter que escribir. E clemencia.

Cando penso en soños diáfanos, só imaxino a sémola daquela lei moral que foi e xa se consumiu. Por iso reclamo a súa ambición constrinxida. Hai momentos nos que quero vivir na filosofía de Facundo Cabral. Cómodo na idea de que non temos nada que perder, porque aquilo do que dependemos, a vida, non foi algo conquistado, senón concedido. Pero a súa historia cohibe as miñas. O pensamento cativo. Na súa propia biografía estaba a viaxe ao Norte para evitar dar coa carne na terra antes de chegar a adolescencia. Con nove anos foi a La Plata para convencer a Perón de que lle dera un traballo para a súa nai. Era o aniversario da cidade, 19 de novembro. Di que Evita Perón lle contestou: “Por fin alguén que pide traballo e non esmola”. A min neste momento non me acorda por onde quería empezar a pedir.

Mentres recapacito sobre aquelas cousas entre as que me gustaría imaxinar algo, afronto a liturxia da música como o último estandarte da felicidade nítida nos días que dan asco. No Parnaso case non collen máis pensamentos macilentos, antes lúcidos. É a particular forma que teñen as noticias da televisión de ser homicidas de esperanzas. Canto medo derramado. Os novos idearios xa non parecen ir onda Delfos, teño o temor de que agora vaian de bares –como en Los lunes al sol-, vaian ás páxinas web ou vaian a desaparecer nada máis dicilos en voz alta. Porque eu antes pensaba que as ilusións falaban as máis das veces de dereitos colectivos, e hoxe, só falan de liberdades individuais. A charcas da cidade non deixan de baleirarse de auga. Aínda así, o Concello putrefacto habilitou –segundo os medios locais- un número de teléfono decretando a pena capital para todas as fochancas da cidade de pedra. E despois disto parece que non nos queda máis remedio que ir cambiando definitivamente de soños.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 7 = 14