medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O Premio de Poesía Novacaixagalicia sobrevive reducindo a súa dotación á metade

Presentación do Premio Novacaixagalicia

Os tempos non son propicios para os premios literarios. A crise e os recortes nas partidas culturais fai que a supervivencia de moitos premios sexa un labor arduo. As dificultades chegan incluso aos grandes galardóns. Un bo exemplo é a recente convocatoria do undécimo Premio de Poesía Novacaixagalicia. O certame, que durante anos foi o mellor dotado na súa categoría, consegue saír adiante logo de moitas dúbidas e un ano en branco. As bases contemplan que o premio metálico se vai reducir á metade, ao pasar de 12 mil a seis mil euros e iso que este ano contará co apoio da Consellaría de Cultura.

O Premio de Poesía Novacaixagalicia é herdeiro do Premio Caixanova. A antiga Caixa Galicia mantivo durante anos o patrocinio dos premios Esquío (en lingua galega e castelán) mais finalmente en 2007 a entidade de aforros coruñesa retiroulle o apoio ao que era un dos galardóns poéticos de maior tradición.

A poda económica non é nin moito menos exclusiva da poesía. Un exemplo é o prestixioso Premio Xerais que xa o ano pasado se viu obrigado a recurtar notablemente o premio en metálico, pasando de 25 mil a 15 mil euros, dotación que se repite este ano. Este tipo de reducións podémolas atopar en moitos outros galardóns.

Un fenómeno que se repite a nivel estatal

A caída na dotación dos premios non é, nin moito menos, caso único da literatura galega. A literatura española viu como o seu coñecido Premio Primavera de Novela (convocado pola editorial Espasa e El Corte Inglés) reducía á metade o galardón (de 200 mil a 100 mil euros).

Mais sen dúbida o mellor exemplo que podemos atopar de como incidiu a crise nos premios literarios é o do Premio de Novela Ciudad de Torrevieja. Esta pequena cidade alacantina (coa colaboración da editorial Plaza & Janés) convocou entre 2001 e 2011 un premio de novela que sorprendía a todos pola súa dotación: 360.000 euros para o gañador e 125 mil para o finalista. Tres anos despois do estoupido da burbulla inmobiliaria (2011) o premio convocábase por última vez. A astronómica débeda que sofre o concello fai difícil dexergar novas convocatorias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


9 + 4 =