medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Kavafis: a constante viaxe a Ítaca

Kavafis

Konstatinos Kavafis (1863-1933) naceu e morreu no mesmo día: un 29 de abril. Así, hoxe cúmprense 150 anos do nacemento e 90 da morte dun dos máis grandes poetas do século XX. A obra de Kavafis, non demasiado extensa, caracterízase pola continua busca da perfección, o que o levou a traballar unha e outra vez (incluso durante anos) sobre moitos dos seus poemas. A pesar da forte pegada que deixou na poesía mundial, Kavafis foi un autor pouco recoñecido en vida.

A obra de Kavafis orbita sobre temas recorrentes como son a viaxe, como metáfora da vida, o paso do tempo, o erotismo (o canto á homosexualidade), a Historia e a cidade de Alexandría. O autor grego, nun ton melancólico, rememora a xuventude, as súas primeiras experiencias sexuais, os corpos mozos, esa Arcadia á que sabe que imposible volver.

Ata 2007 non puidemos ler a Kavafis en galego. Ese ano a editorial Rinoceronte publicou Poemas Canónicos, cunha tradución de Yolanda Vilarchao.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


5 + 3 =