medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Humilde apoloxía da Reflexión

Un artigo de Isabel G. Couso

Hai cousa duns días, un irreverente amigo calculou que ao longo da miña vida non tiven moitas desgrazas. Opinaba el que de ter sufrido grandes dores, estas farían cambalear os cimentos das miñas certezas. E vehemente como son eu nas miñas conviccións, non lle casaba a miña personalidade con padecementos dignos de mención.

Isabel G. Couso

Non é cousa de que aquí eu lle enumere ao compañeiro en cuestión un listado de mágoas e desgostos vitais, mais o meritorio do asunto é que me deu para a reflexión. Fixen entón exame de conciencia e propósito de análise de principios e certezas. Non falo de cuestións identitarias; iso ficou máis ou menos nítido cando de pequena vía ao vello Patiño, boina na cabeza, coller o barco de volta ás Ons, illa que o viu nacer, co sorriso nos beizos e unha sentenza incuestionábel: “Vou para a patria”, dicía.

Identidades á marxe, vai aquí a miña humilde apoloxía da reflexión. Asistimos ao constante eloxio e enxalzamento da ignorancia; presenciamos a louvanza da cegueira e do aliñamento ideolóxico. Que pensa vostede? O que digan os meus. Comprobo como ante cuestionamentos culturais, políticos ou sociais, o erro non se contempla. Simplemente non é unha opción verosímil.

En certa ocasión, un paisano de Portomarín, co encoro baixo de auga e a vella vila rexurdindo na paisaxe, comentou que a medida que sumaba anos tiña menos dúbidas sobre os seus credos. E aínda máis, de vello convertérase nun intransixente: restáballe menos tempo para aturar discusións vans. Se cadra, como apuntaba o meu amigo do comezo non sufrira abondo, non sei.

A miña vontade, cando menos, é fuxir da perigosa certeza incuestionábel, é alimentar o razoamento crítico. Acho que non é nin cuestión de idade, nin dos infortunios acumulados no currículo, é unha decisión persoal, traballosa e plausíbel. Fica feito o meu alegato a prol da conciencia nas ideas e, aproveitando, xa ten resposta o meu amigo: Que maior incerteza que a de reflexionar sobre a propia reflexión?

3 comentarios a Humilde apoloxía da Reflexión

  1. Sen que soe a apoloxía do contrario, un home con capacidade reflexiva moi limitada adoita ter varias veces máis probabilidades de ligar ca calquera escéptico, por moito que as mozas do primeiro sempre digan que valoran a calidade do segundo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 1 = 7