medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Creatividade e autoría na cultura do remix

Un artigo de Celia Parra Díaz

Recoñézoo, estou en crise creativa. Hai tempo que a miña mente é o máis parecido a un tórrido deserto ermo, atravesado por nubes de pó e rodas de herba seca. É matemático. Intento poñerme en “modo crear” e click! acéndese o western. Nin sequera hai tiroteos, cabalos, nada. Só deserto.

Celia Parra

Celia Parra /Foto de Xesús Fariñas Navarro

A desesperación levoume a apagar o “modo crear” e acender o “modo pensar”. E dei en cavilar de onde é que veñen as ideas. Porque, dalgún xeito terán que aparecer, non? Materialízanse no cerebro coma os títulos de crédito, xurdindo dun negro absoluto? Ou veñen voando desde algún recuncho remoto e aterran cunha explosión de luz? Entón a orixinalidade, como tal, existe? Que foi primeiro, o ovo ou a galiña?

Hai pouco saíu ó meu rescate un artigo (bendito Twitter) precisamente sobre escritura… non creativa. A raíz dunha publicación de Kenneth Goldsmith, no texto “Escritura non-creativa: redefinindo linguaxe e autoría na era dixital” Maria Popova reflexiona sobre as novas formas de crear e transmitir información nunha época, a nosa, caracterizada pola sobredose total de estímulos. Dada a cantidade de textos en circulación, a produción de algo novo non é necesariamente a única maneira de crear. Pola contra, o xeito de diseccionar eses textos, reformulalos e redirixilos pode ser considerado tamén como forma de creación e mesmo autoría.

Sobre estas posibilidades da creatividade combinatoria sabe moito Austin Kleon. Baixo o lema “rouba como un artista” manifesta que non existen as ideas puras, nacidas da nada, senón que son froito das influencias que recibimos. A maneira na que combinamos estas influencias e as pasamos polo noso tamiz particular é o que define a nosa creatividade e “orixinalidade”. Neste sentido, o artista francés Henri Poincaré defende acertadamente que “crear é simplemente elixir con criterio”.

Xa que logo, o tan repetido argumento de que xa todo está escrito non debería desanimar senón todo o contrario. Ser creativo nesta época é, ó mesmo tempo, máis fácil (hai moitas influencias das que botar man) e máis difícil (a máis ruído, máis complicado resaltar).  Pero ahí está o xogo!

De feito, a nosa afición ó xogo (e non me refiro a Eurovegas) levounos a fabricar e transitar a cultura do remix. Disto sabe moito Pitbull, e toda a biblioteca Youtube en xeral. Ou nós mesmos, que máis dunha vez practicamos o método do copia-e-pega da Wikipedia ó traballo académico en cuestión. Mais, que pasa entón con eses produtos finais? de quen acaban sendo? Mentres manteñamos a cita dos materiais que empregamos todo queda baixo o límite da legalidade (ou do código de honor). Máis non sempre é así.

Cada vez hai máis artistas que empregan o apropiacionismo, reciclaxe, revisitación, remontaxe, reconstrución e transformación como base do seu discurso artístico. Bo exemplo deles é María Cañas, “videoterrorista” que vén de gañar (ex aequo xunto co galego Xurxo Chirro) o premio Márgenes á mellor película polo seu traballo “Sé villana”. A tamén apodada “arquiveira de Sevilla” deconstrúe nel  os estereotipos do imaxinario andaluz a través de imaxes de arquivo, xoias do found footage doméstico e collages visuais.

María Cañas ten sinalado moitas veces o “carácter porcino” da información actual: da imaxe contemporánea, coma do porco, pódese aproveitar todo. “Si en vez de imitar lo que amas, lo comes y lo digieres, lo que sale después es algo tuyo, una parte de ti”, declara no xenial e delirante manifesto da súa web Animalario.tv. En realidade, esta declaración de principios vén sendo o mesmo que defendían Goldsmith e Kleon. Na sección “El ojete poético” podedes atopar unha aproximación á súa obra (a controversia está servida).

Inspirados? Eu creo que xa podo prender o “modo crear” de novo.

Tembla SGAE, a todo porco lle chega o San Martiño!

2 comentarios a Creatividade e autoría na cultura do remix

  1. Á fin teremos un pretexto para a rima xudicatura-literatura.

  2. Ata vin exemplos por aí dun tío que versificaba sentencias… así que a rima está servida

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


4 + 6 =