medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Silvia Penas gaña o I Premio Lueiro Rey de Poesía

Silvia Penas

O certame poético Lueiro Rey, organizado polo Concello de Fornelos de Montes e a asociación O Cruceiro da Laxe, xa ten a súa primeira gañador: Silvia Penas Estévez (Vigo, 1980). A autora impúxose no premio cun libro de poemas que leva por título As uñas crecen. Segundo reflicte o crítico Armando Requeixo, membro do xurado, no seu propio blog a decisión foi moi debatida cos outros dous membros do tribunal: os profesores Luís Cochón e Mercedes Queixas Zas. En total presentáranse 38 obras a concurso.

Na acta do xurado saliéntase que a obra premiada “propón un discurso de fondo cuestionamento do eu lírico radicado nunha coordenada espazo-temporal ben próxima e identificable, onde a función social da escrita e as vivencias e pulsións sentimentais da voz poética se complementan acaidamente.” O xurado tamén decidiu recomendar a publicación dun poemario que se presentou baixo o título de “Sobol”

Silvia Penas recibirá un premio en metálico de 2.500 euros e a editorial Sotelo Blanco encargarase de levar ás librarías a obra premiada no certame. A poeta viguesa publicará así o seu primeiro libro individual. Anteriormente publicou canda a tamén escritora Elvira Riveiro Tobío un libro titulado Biografía da multitude, co que obtivera en 2009 o Premio Victoriano Taibo de Poesía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + 7 =