medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O proceso, de Kafka

Un artigo de Xurxo Martínez González

Absurdo na aparencia pero brutalmente inhumano no tanxíbel, con pingas de surrealismo. Así observo O proceso, a obra inacabada de F. Kafka, que congrega diferentes interpretacións. O autor xa é de por si asunto polémico por mor das liortas para definir os trazos que fan dun escritor integrante desta ou daqueloutra literatura nacional: lugar de nacemento (Praga) ou idioma empregado na escritura (alemán)?

Xurxo Martínez

A Kafka sitúase no expresionismo, unha modalidade artística que trata de acentuar ou deformar a realidade para achegarse á expresión desexada polo autor. O exemplo máis coñecido do primeirísimo expresionismo pictórico é O berro de E. Munch, onde se retrata unha figura amorfa nunha envolvente pero difusa paisaxe.

Algo así sente o protagonista d´O proceso, Josef K., inquirido un día por uns axentes baixo unha acusación descoñecida en toda a obra. O libro (subliñamos de novo que ficou inacabado cando a morte levou a Kafka) resulta unha imaxe labiríntica dunha xustiza sen nome, nin referencias pero si moi burocratizada e corrupta. Cada capítulo relata unha historia que, nalgún intre, expresa o berro desesperado do protagonista ante unha situación sensentido que o leva a pensar que realmente si é culpábel ou, canto menos, si fixo algo que merecese a desaprobación. Nunca saberemos o por que da persecución xudicial, aínda que Josef morra “coma un can” cun coitelo cravado no corazón segundo, supomos, a sentenza estabelecida (pois non coñecemos a redacción da mesma).

Porén non deixa de atraer a miña atención o tratamento que Josef realiza das mulleres. Unha fixación obsesiva coa señorita Bürstner que resalta no primeiro capítulo e un desexo sexual incontrolado e celoso con Leni, a secretaria do avogado. Dous casos que xeran controversia sobre a visión da muller na época de Kafka, cuestión máis definida na conversa entre Josef e o cura na catedral. Lembremos que o escritor checo redactara a obra tras a ruptura dun compromiso matrimonial, por se este dato puidese servir de pista para cismar sobre quen dixo fuxir da xente non para vivir senón para morrer tranquilo.

Kafka retrata un mundo cheo de incomprensións nun caso tan necesitado de lexibilidade como a xustiza, encargada de discernir (segundo as leis) o correcto do incorrecto, o legal do ilegal. A crítica de Kafka é ben coñecida e apreciábel para o lector ou lectora. Incluso reflexionaría un algo máis alá: pode que a causa do proceso contra Josef K. fose simplemente non ser un corrupto nun mundo ateigado destes seres indignos que fixeron da corruptela a principal lei a cumprir. Algo que resulta de actualidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


1 + = 6