medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Escritor respostador

Un artigo de Vidal

Vidal

Vidal

O título, aclaro, non se refire a un contestador automático coa voz de Paulo Coelho (nin ó propio Paulo Coelho facendo de contestador automático, que pode soar absurdo, pero igual todo se andará). Non. Andaba eu pensando no concepto que moitas persoas teñen da literatura. Ou, máis ben, da Literatura, posto que diferencian entre a grande e a pequena, entre a transcendente e a intranscendente. Para elas, a verdadeira literatura é a que dalgunha maneira as orienta existencialmente, a que lles amosa o camiño. Quere dicirse, a que lles proporciona respostas.

Este concepto constitúe xa un estereotipo, alimentado por moitos escritores deses que sempre aparecen nas fotos co queixelo apoiado na man, sobre todo en cerimonias de entrega de premios que inclúen cea de gala. Alí adoita gabarse, con outras palabras, o poder de autoaxuda dunha boa novela. (É unha das razóns polas que, cada vez que lembro que dificilmente terei xamais no peto 15 ou 20.000 euros a conta dun meu manuscrito, tampouco é que me supoña moita foda, e de que non me acabe de chistar ser identificado coma escritor.)

Eu, en cambio, entendo un libro de ficción coma un medio de evasión que te distancia temporalmente das túas solicitudes rexeitadas en Infojobs. Non estimo que se lle deba pedir máis. Que un libro teña que indicarche como facer a túa vida é algo que se di axiña. Se un lector acha que atopou na literatura unha guía vital efectiva, perfecto, e mellor para el, pero non me parece algo esixible por defecto. Porque se pide que un escritor dea respostas, pero non se repara en quen se supón que llas ha dar a el antes. Por esta regra de tres, ó confiar nun programa informático para xogar ás quinielas, haberá que concluír que o fulano que o deseñou estará podre de cartos. Ou que tódolos psicólogos alcanzaron o Nirvana.

Teño para min que o feito de que alguén entenda que un escritor ha de ser un “respostador” é indicativo de que este alguén coñece moi poucos escritores. De xantar con eles a diario, o mesmo ese alguén levaba unha boa desteta. Porque nunca se soubo que Deus tivera mocos que soar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 9 = 11