medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O críptico ‘Finnegans Wake’ de Joyce convértese en éxito de vendas na China

James Joyce

James Joyce tardou en escribir Finnegans Wake dezasete anos. Case 74 anos despois da publicación do libro a crítica considérao o libro máis complexo (hai voces que o definen como simplemente absurdo) da literatura en lingua inglesa, tanto polo seu nivel experimental como polos infinitos xogos lingüísticos que contén. Todo isto fixo que o Finnegans Wake pasase a ser considerado dende a súa publicación un libro ilexible e absurdo para unha inmensa maioría e “unha obra mestra” para un monllo de seguidores acérrimos de Joyce.

Mais o mercado chinés acaba de dar unha sorpresa nas últimas semanas que ten intrigado ás editoriais de medio mundo: a tradución chinesa do Finnegans Wake está a ser un éxito de vendas. A primeira edición, de 8.000 exemplares, esgotouse en poucos días e xa está no mercado a segunda. Toda unha marca nun libro destas características.

Unha tradución titánica ou imposible?

A tradutora Dai Congrong dedicou unha década completa a traducir o Finnegans Wake ao mandarín, unha tarefa á que non se atreven nin os  mellores tradutores. Cabe sinalar que este libro apenas está traducido integramente a outras linguas e en moitos casos tan só existen fragmentos versionados, que incluso poden diferir enormemente segundo quen sexa a man tradutora.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 2 = 4