medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Nace a plataforma de crítica literaria feminista ‘A Sega’

É patriarcal a crítica literaria galega? Hai quen pensa que a resposta é afirmativa e por iso presentouse este xoves en Vigo a nova plataforma de crítica literaria feminista ‘A Sega’ que “pretende crear un espazo de referencia para a crítica, ata o momento monopolizada por voces masculinas e en moitos casos patriarcais”.

Dende a plataforma subliñan que botan a andar no mesmo mes do nacemento de Rosalía de Castro e que o seu obxectivo é “visibilizar as obras escritas por autoras e realizar novas lecturas de todo o acervo literario en lingua galega”. Nesta tarefa a plataforma ‘A Sega’ vai colaborar co Centro de Recursos Feministas do Concello de Vigo e coa libraría Lila de Lilith (Compostela).

Á fronte da nave de ‘A Sega’, nesta etapa inicial, están Andrea Nunes Briones, María Reimóndez, Marga Romero, Lara Rozados, Susana Sánchez Aríns e Beatriz Suárez Briones.

Podes ler aquí o manifesto da plataforma

4 comentarios a Nace a plataforma de crítica literaria feminista ‘A Sega’

  1. Por moito que leo ese manifesto, non vexo claro que é o que pretenden. A última crítica con bala que lembro a unha autora foi a cando Héitor Mera lle entrou unha neura contra Veu visitarme o mar, de Rosa Aneiros. E xa choveu. Actualmente, na literatura galega estáselle a dar unha bola importante a moitas autoras. Seguramente máis da que tiveron nunca, polo menos desde os tempos das Poetas da Vaxina. Admitindo que moitos críticos literarios entenden unha división entre literatura masculina e feminina (enténdela eles, vaia), diría eu que o que está mal visto hoxe é a testosterona.

  2. a questom nom está em se há uma escritora no top-ten, ou se se dá um ataque sideral contra uma autora concreta (que também, aseghum como seja o ataque), mas observar o panorama literário desde uma óptica feminista.
    para mim, o essencial, como integrante do grupo é realizar leituras desde essa perspectiva de todo tipo de obras: como tratam a questom de gênero? colaboram para manter o sistema patriarcal, questionam-no? marca isto a sua visibilidade? qual é o lugar das vozes e pesonagens femininas nas obras? há obras (feitas por mulheres ou homens, tanto tem) que mantêm o statu quo e por isso som valoradas? há obras que discutem o patriarcado e por isso som invisíveis?
    todo isto me interessa, e penso que a outras pessoas pode interessar também.

  3. Decididamente, son un home estraño. Cando escribo (vaia, se algún día se pode publicar o que escribín desde A Balada para acó, que mal o vexo, en vista da moda desta tempada de 10 anos ou así) non penso nin pretendo que o que escribo se interprete nin de forma feminista, nin de forma nacionalista, nin de forma exhibicionista, nin de forma… O único que quero é que me lean e lles preste.

  4. …e é legítimo que tu nom pretendas essas interpretações ao escrever, mas isso não quer dizer que nom podam ser feitas, também legitimamente.

    As leitoras não recebem o que escrevemos como nós queremos, mas condicionadas de muitas maneiras: bagagem leitora, expectativas, acervo cultural. E claro é, nós também escrevemos condicionadas por todo isso.

    Queiramos ou não, somos filhas duma sociedade patriarcal. creio que é impossível que isso não nos marque dalguma maneira nalgum momento. E a melhor maneira de superá-lo é 1) fazê-lo visível 2) pensá-lo e 3) actuar.

    Já sabes: estamos em guerra mas há que reflexionar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 7 = 16