medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Morriña do xeo

Un artigo de Vidal

Vidal

Vidal

Alá en Francia, á novela negra e á policial chámanlles “polar”. Eu coñecín máis ca nada (e gustei de) un subxénero dentro del, o que deron en chamar “neopolar”, con Jean-Patrick Manchette á cabeza. Aquelas novelas tiñan o seu aquel, dado que, malia publicárense na Série Noire de Gallimard, non sempre falaban de detectives con gabardina, mozas de caste aristocrática asasinadas ou mordomos traizoeiros. O propio Manchette adoitaba tratar o terrorismo de Estado, e os seus protagonistas podían ser asasinos a soldo á procura dunha retirada imposible, grupos anarquistas inconscientes e desesperados ou marxinais metidos en tramas de espionaxe internacional por unha mestura de ambición e estupidez. Neste sentido, aquelas novelas eran ben máis negras ca policiais. Intentade, se queredes, facervos cun exemplar de L’affaire N’Gustro (El asunto N’Gustro, sobre o secuestro e asasinato nos 60 de Ben Barka, o líder opositor tunesino), Nada (reeditada hai pouco en castelán) ou La position du tireur couché (tívoa Anagrama, no seu día, co título de Cuerpo a tierra).

Porque eu contemplo esta diferencia. Un policial é a narración dun feito criminal desde o propio crime ata o esclarecemento do mesmo. Unha novela negra é un descenso ás catacumbas da sociedade, da humanidade. A min gústame máis chamarlle “polar” á novela negra unicamente; faille máis xustiza.

Coido que moita xente mestura ámbolos dous conceptos. Nestes últimos anos apareceron aquí novelas que deron en definirse coma negras, pero que son realmente policiais, sen máis. Sono, porque nas súas páxinas haberá algún asasinado e segredos e barrios malos, mais nunca chega a percibirse o fedor, nin a noite pecha, nin a friaxe.

Mais apareceron, si, e moitas non son. A novela negra en galego hai tempo que non asoma o fociño. Desde a última de Aníbal Malvar, máis ou menos. Adiviño que non é época. As novelas negras non falan da forma das nubes. Falan da forma das coiteladas. Velaí o pero. Os ianquis chámanlle PG rate, “autorizado para tódolos públicos”.

O caso é que este exceso de narrativa tépeda empeza a non me prestar. Outras veces falei de que boto en falta a quente, a que queima. Pois ben, agora tamén teño morriña do xeo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 3 = 7