medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

As letras inglesas lembran a Sylvia Plath no cincuentenario da súa morte

Sylvia Plath

Esta semana cumpríronse 50 anos do pasamento de Sylvia Plath e o mundo das literatura en inglés lembra unha das súas figuras poéticas que máis destacaron e influíron no século XX. Este pasado luns o famoso club de poesía Poetry Library Book Club organizou conferencias sobre a obra Plath, así como lecturas colectivas. A final deste mes será en Belfast onde a a Universidade do Ulster organice unha serie de actos para homenaxear a “incrible contribución de Plath á literatura moderna”. Os actos servirán para coñecer novos manuscritos de diarios e cartas da autora, así como fotografías descoñecidas.

Sylvia Plath naceu en Boston (USA) en 1932, no seo dunha familia de profesores de ascendencia alemá. Con 20 anos, cando cursaba estudos universitarios, publicou os seus primeiros poemas. Cunha bolsa de estudos viaxou a Inglaterra onde estudou na Universidade de Cambridge e coñeceu ao tamén poeta e escritor Ted Hughes co que acabou tendo dous fillos. Nesta época publicou o seu libro de poemas O Coloso (1960) e tres anos máis tarde a súa novela A campá de cristal (1963), que asinou baixo o pseudónimo de Victoria Lucas.

Pouco despois de cumprir os 30 anos suicidouse. De maneira póstuma apareceron outros seus libros de poemas Ariel (1965), Cruzando a auga (1971) e Árbores invernais (1972).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


6 + = 15