medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

“Sería ben que a poesía non fose vía de escape e si ferramenta de acción”

Anxo Mena (Carral,1982) fíxose hai pouco máis dun mes co Díaz Jácome de Poesía co seu traballo “Comezando a loita”. Sen concesións ao escapismo, Mena busca palabras que cicatricen as feridas dun tempo tan revolto como necesitado de acción.

Anxo Mena

O premio pode marcar un punto de inflexión na carreira literaria dun oceanógrafo que ultima a súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo: “No meu proxecto de tese estudamos a Paleoceanografía da marxe continental atlántica galega dos últimos 60.000 anos, enfocando o estudo nos cambios climáticos abruptos que aconteceron nestes tempo”. Quixemos saber algo máis de “Comezando a loita” e do seu autor. Eis o cuestionario que lle enviamos e as súas respostas e tamén os versos premiados.


-Hai apenas un mes facíaste co premio Díaz Jácome de poesía con “Comezando a loita”. Semella un canto rabioso á liberdade non exento de pesimismo nestes tempos revoltos. Como definirías ti estes poemas?

Son tempos revoltos pero sen revolta, que máis ten que pasar pra que pase algo dunha vez? Éme algo complicado o definilos pero creo que van sobre isto, co pesimismo de pensar que todo, todo o que pasa, a situación actual, con encantados e desencantados, sexa parte do xogo, o cal sería unha derrota máis e de todos, pero que isto último é só por contemplalo non porque crea que sexa certo, que non o é…e ah!,  tamén hai algo sobre que se a loita se pode facer acompañado pois moito mellor.

-“Manterse vogando aínda agora/nunca máis ser xermolo/e contigo berrarei liberdade/en cada bico/sempre”. Nestes tempos tan grises cal é a función da poesía?

A verdade é que non che sei moi ben que contestar, intúo que será a función que tivo sempre…supoño que nin máis (por desgraza), nin menos (aínda menos mal). Sería ben que non fora un sinal de conformismo ou vía de escape e si ferramenta de acción. No Inflamable (Samuel L. París ) sae que a literatura debe arder e esténdese a queimar, xa molaría que esa fose a función da poesía nestes tempos.

-Non é o teu primeiro galardón. Son os premios unha maneira de sacar do caixón a produción poética?

Pra min creo que si, non sei como vai o tema ou o mundo editorial (ou como se diga), e o tema dos blogs quédaseme algo grande e dáme algo de preguiza. O dos premios é algo máis doado, e a min valeume un pouco pra ponderar o que fixen, á marxe de que tamén serviron pra convidar a algún que outro cubalibre cunha escusa moi boa….

-Hai algún proxecto de publicación en espera?

A tese doutoral e os artigos que a conforman, ese gran proxecto que xa esperou dabondo e que cheira xa de máis…Hai ilusión, si. Teño aí algunha cousa que me gustaría moito que se fixese libro, pero todo é proxecto.

-Como ve un oceanógrafo a poesía galega actual: como un kraken pouco coñecido, como unha exuberante balea en perigo de extinción, unha tartaruga mariña que se pecha en si mesma ou quizais dunha maneira totalmente diferente a estas…

Veña, vai… como algo totalmente diferente a estas pero polo rego… Levándoo todo ao meu terreo e pra difundir e darlle propaganda ao que estudo (caendo no frikismo total), véxoa como os foraminíferos planctónicos, non os coñece moita xente, veñen xa de longo, son poucas especies actuais cunha gran capacidade de adaptación ao medio e superaron diversas e moi grandes épocas de extincións, e seguen.

-Tic-tac, tic-tac…Díganos cinco poetas imprescindibles que levaría canda si nunha viaxe submariña…

…se ten que ser a contrarreloxo, así de rápido, digo mellor o nome dos cinco poemarios que levei á última campaña: Inflamable (Samuel L. París), Amantes (Maria Lado), Contatrás II-I (Paula Carballeira), O silencio (Mario Regueira) e Bale 2 (Estevo Creus).

3 comentarios a “Sería ben que a poesía non fose vía de escape e si ferramenta de acción”

  1. “O dos premios é algo máis doado”. A iso chámolle eu optimismo.

  2. Home, eu ata diría que é máis doado mandar un manuscrito a unha editora ca un, por quintuplicado ou sextuplicado, a un premio literario. As probabilidades de éxito xa dependen do que se escriba. O que si que é irrefutable, penso eu, é que participar nun premio literario é a única maneira que ten un escritor aquí de cobrar en condicións polo seu esforzo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


5 + 2 =