medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Solleiro: “Pretender escribir un best seller nun contexto literario no que se venden 200 exemplares é bastante absurdo”

O artigo “O best seller como elemento normalizador” do escritor vigués Pedro Feijoo está a xerar un interesante e intenso debate sobre o poder comercial da literatura en galego. Dous nomes recoñecidos do noso sistema literario, o escritor Samuel Solleiro e o tamén escritor e crítico Xosé Manuel Eyré, publicaron nos últimos días cadansúa réplica ao texto antes citado.

No seu blog “Dúas Zebras”, Samuel Solleiro analiza e rebate o artigo de Feijoo: “ Pretender escribir un best seller nun contexto literario no que se venden 200 exemplares dun libro é bastante absurdo, e mesmo no caso de que teña éxito, en que pode consistir este? En esgotar catro edicións? (non sei cantos exemplares son iso, uns 3.000 talvez?)”

Para Solleiro “a postura que aparece neste debate, e temo que a reivindicación que Feijoo fai de certas novelas do XIX vai nesa liña, é máis ben unha defensa dos libros simples, mastigados, profundamente conservadores e que se poden escribir en poucos meses porque o seu público potencial non ten moitas luces nin moitas ganas de complicarse a vida”.

Xosé Manuel Eyré: “A culpa dese desencontro (público-lectores) non a ten un sistema literario para elites culturais”

Pola súa parte Eyré publicou tamén na rede un breve texto que leva por título “entrando na polémica”. No mesmo mostra o seu desacordo co artigo de Feijoo pero tamén co enfoque que Letra en Obras lle deu á nova que se facía eco do texto do escritor vigués.

Para Xosé Manuel Eyré a falta dun maior mercado interno para a literatura galega hai que buscala fóra do sistema literario: “Hai outra cousa que me sorprende, e moito, cando fala do desencontro entre o lectorado galego, obras e autores. A culpa dese desencontro non a ten un sistema literario para elites culturais. Nin moito menos. A culpa dese desencontro está na carencia de plataformas de comunicación en primeiro lugar. E no feito de que a literatura galega accede á época “democrática” na subalternidade a que o franquismo (e non só, que isto chega desde os Séculos Escuros) a condenou. Subalternidade que a Xunta, a administración autonómica “propia”, se esmerou en non combater”

Podes ler aquí os textos íntegros citados nesta nova:

2 comentarios a Solleiro: “Pretender escribir un best seller nun contexto literario no que se venden 200 exemplares é bastante absurdo”

  1. Pingback: Castelao, Otero Pedraio e os best-seller | ferradura en tránsito

  2. Di Samuel Solleiro que a súa opinión e maila miña sobre ese artigo de Pedro Feijoo son bastante aproximadas. Unha vez lida a súa resposta, coido que concordamos en que un libro que dea ó lector entretemento e evasión non ten por que ser algo que leva tapas pintadas de cores brillantes que se pode atopar nas librarías de prensa. O malo é que coido que ese concepto é duro de entender por aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


4 + = 12