medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

No cabodano de Díaz Pardo. Que facemos cos mortos?

Un artigo de Pablo García Martínez

Cúmprese un ano do pasamento de Isaac Díaz Pardo, un ano cinsento que asulagou de brétemas os espazos que separan unhas persoas das outras, dificultando recoñecer no riso dos que nos contan os contos aquelas marcas que nos lembran que segue habendo xente nos sitios. Dicir isto libre dun comentario, aínda fugaz, sobre unha asfixia de carteiras encadenadas a un ritmo de vida que xa non conseguen manter sería tan perigoso como ignorar a fascistización que conleva o consolidado discurso intransixente, negativo, que igualando mediante unha enmenda á totalidade a xestión do público fai viables disparates como países nos que xente sabe ler e escribir está gobernados por Mariano el de las filtraciones, aquel político de provincias que se levantaba das negociacións sobre cuestión de estado para ir ver as etapas do Tour de Francia.

Pablo García

De escribir algo á volta de Díaz Pardo cómpre, se cadra, comezar por aquela frase do poema de Pondal onde, invocando xenio que fure ao noso carón, apelaba exaltado aos Bos e Xenerosos. Pasaron anos dende que aqueles versos, berrados con paixón, comezaron a suavizar as esquinas da monumental Quintana, como querendo dicirlle ás pedras que había un pob(v)o (whatever it means, que dirían os do inglés) que quería ter conta delas. De volta cara á carballeira de Santa Susana pola rúa do Franco, botando por fóra e ben parecía que existía, primeiro, e despois que habíamos facelo espertar do seu sono. Todo máis emparentado coa chamada á xenerosidade, a unha dimensión épica na que tan ben encaixaban palabros como a loita pola liberación nacional. E aínda ben.

Mais polo camiño houbo xente que se preocupou máis por facelo ben, por ser Bos, e con isto chamo a atención sobre a abnegada dedicación de xínea modernista a unha evolución en cuestións técnicas sen desprezar o valor intrínseco ao conxuro épico sobre o que se sustentou a conformación da masa social que fixo posíbel a pervivencia do galeguismo ata hoxe. Dos que vencellaron o seu camiño con este sitio ao que lle dicimos Galiza destaca na nosa etapa moderna o traballo aberto por Díaz Pardo da man de Luís Seoane cando, aprendendo da experiencia que botara a andar a mediados dos 50 na fábrica de cerámica situada na vila bonaerense de La Magdalena, fundaron no ano 1963 o Laboratorio de Formas. Co tempo esta empresa daría lugar a ferramentas ineludibles para unha obra a medio facer por definición como é, no noso caso, a dun país dentro do estreito marxe que deixa o réxime tardofranquista que só semella disposto a romper co turnismo para entregarlle o Todo ao partido que fundou aquel vivaz ministro de información célebre, por exemplo, pola súa xestión das torturas previas ao fusilamento de Julián Grimau no 1963.

A historia, sempre fitándonos cando queremos ser consciente de que está alí. E que facemos con ela cando tomamos conta da súa presenza? Naquel manifesto que explicitaba a toma de posición aparellada ao nacemento do Laboratorio de Formas había pistas sobre como incorporar o pasado, fuxindo desa relación exótica coas ideas que por veces nos fai correr o risco de empobrecer un proxecto ao entregarnos a el dun xeito irreflexivo, sen dar eses pasos cara atrás que permiten verlle as enrugas e perdendo, daquela, a posibilidade de enriquecelo problematizándoo. Por fortuna, dandolle un ollo ao apartado de novidades da Libraría Couceiro ou escoitando os bolos aínda quentes da neonata Discos da Máquina dá para pensar que aquí segue a haber potencia para mover a roda, unha roda. Cómpre que nesta depresión xeralizada que asulaga os nosos días non nos escape aos mozos a xuventude, para furar con máis atrevemento que cálculo abrindo novos camiños, contando cos mapas que deixaran feitos os Xenerosos e tamén os Bos, como foron Seoane e Díaz Pardo que dicían no remate do manifesto mencionado “El Laboratorio estará presente allí donde existan problemas en relación con sus fines, sin más limitaciones que las éticas, y mantendrá un sistema abierto a la evolución de las ideas referidas al arte, a las formas, al diseño y al futuro”.

Longa vida ao latexo mozo que deixou tras de sí Díaz Pardo. A nós cómprenos mantelo con vida sen medo a romperlle as beiras, pois o doce queda do lado de dentro, alí onde a idea que funciona está suxeita á continxencia. Alí onde non abonda con lembrar que un día houbo un pasado (ao que por outra parte sempre imos ter un acceso mediado polos relatos que nolo fan chegar) senón que estamos obrigados, querendo recoller o testigo, a entender a relación dese pasado co tempo que nós vivimos. Semella que nos corresponde pensar, considerando este cruce de camiños, nunha solución na que eu non gardo espazo para o esquecemento, como tampouco para entender o exercicio de lembrar como un proceso rematado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


6 + = 8