medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Manuel Murguía: o “premio gordo” dos relatos breves

Un ano máis e xa van 22 edicións, o Manuel Murguía de narracións breves é o certame de relato curto de referencia no país. O Concello de Arteixo volve convocar un premio dotado con 3.700 euros, o de maior cantidade deste tipo, destinado a relatos de entre 15 e 30 páxinas. O prazo para presentar os traballo remata a finais do vindeiro mes de febreiro e o fallo darase a coñecer a mediados do mes de maio.

Samuel Solleiro, Andrés Pociña e Clara do Roxo foron os gañadores das tres últimas edicións. Na nómina de premiados dende 1992 hai nomes como os de Isidro Novo, Riveiro Coello, Marilar Aleixandre ou Rosa Aneiros.

Se queres participar podes ver aquí as bases.

 

Comentario a Manuel Murguía: o “premio gordo” dos relatos breves

  1. Ola! Só quería apuntar que os tres autores que citades gañaron entre o 2009 e 2011. A edición do ano pasado -a XXI- gañouna Roberto A. Rodrigues con “O home que falaba na lingua do océano” dedicado ao finado Man de Camelle.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + = 8