medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

E se a literatura galega precisa máis best-sellers e menos elites mirando o embigo?

Un vello e polémico debate volve á actualidade literaria: por que non conectan os nosos escritores co público? Faltan lectores ou é que hai pouca oferta interesante para eles? A discusión é sen dúbida máis vehemente nun mercado literario onde vender un milleiro de exemplares dunha novela fai abrir botellas de cava nas editoras.

Pedro Feijoo

Pedro Feijoo acaba de publicar na revista Galicia 21. Journal of Contemporary Galician Studies unha reflexión que leva por título “O best seller como elemento normalizador: fillos dun mar complicado”. Na mesma, o autor da novela Os fillos do mar (un dos éxitos de vendas do ano pasado), reivindica a necesidade dos best-sellers xa que hai “un público disposto a ser masivo (abonde con observar como recentemente ese mesmo público fixo súas certas obras de Diego Ameixeiras e Domingo Villar) á espera de que máis xente se lembre del”

No artigo, Feijoo reivindica supervendas históricos da literatura galega, dende O Catecismo do labrego ata O lapis do carpinteiro, pasando, entre outras, por obras como Memorias dun neno labrego, Crime en Compostela ou Morning Star: “Do que estou a falar é, en definitiva, de normalizar unha literatura, ou o que é o mesmo, de facela normal, común”.

Feijoo defende neste texto a necesidade de non esquencer que a literatura é en boa parte entretemento e que algo falla cando os escritores se pechan nun Parnaso de elites: “teño escoitado cousas como que nós non necesitamos esta ‘normalidade’, que a nosa é unha literatura ‘minorizada’, e que as cousas xa están ben como están. Anda, mira!, como se este fose algo así como o sistema que nos tocou en sorteo ante notario, e como tal temos que dalo por bo”.

Pertencer a esa elite da que antes falaba debe ser algo moi chulo, disque hai moi boas vistas desde o monte Parnaso. Pero hai un par de cousiñas que se bo non esquecer, pois, de facelo, as súas consecuencias poderían ser fatais para aquilo que somos. Porque os anos do despotismo ilustrado xa foron alá, home…A existencia dunha elite dentro dunha cultura é tan necesaria coma a do páncreas dentro do corpo humano: ninguén sabe moi ben para que serve, pero sen el temos un problemiña. Pois moi ben, adiante con ela, pero ollo: sen perder a cabeza por ela. Á fin e ao cabo, a elite non é máis ca unha minoría absoluta. ‘E o pobo?’

11 comentarios a E se a literatura galega precisa máis best-sellers e menos elites mirando o embigo?

  1. Pedro Feijoo mete o dedo na chaga. Eu como lector boto en falta novela negra ou policial en galego, por exemplo. Tamén boto en falta ler literatura que me faga devecer pola seguinte páxina e que non sexa unha sucesión de pallas doutorais. A literatura de entretemento pode ser de moita calidade pero en fin, aquí seguimos no resistencialismo en vez de saír á conquista

    • Pois eu penso que Domingo Villar fixo unha boa novela negra e que o Reigosa de Crime en Compostela era bastante digno no seu momento (non sei se a obra envelleceu ben). Tamén creo que pasa como co cine: estamos acostumados a un ritmo ianqui e costanos asumir que non vivimos nin leemos así… fanse cousas boas pero editase demasiado e perdemonos

      • Sobre o de Domingo Villar, penso eu que hai novelas negras e novelas negras. O seu foi exemplo do que comento máis abaixo: houbo pretensión de resultar accesible e, a diferencia doutros moitos intentos, saiu rendible en canto a vendas.

  2. O problema é vello. Xa alá nos oitenta aparecían como finalistas de premios algunhas novelas gabadas nos comunicados dos xurados coma “tentativas de establecer unha narrativa popular en galego” ou algo polo estilo. Botade contas. E desde aquela, nada é que cambiara moito. Houbo un periodo moi interesante desde entón ata finais dos noventa, pero matárono.
    No que non podo concordar é en que hoxe se escriba pouca literatura con vocación comercial en galego. Outra cousa é que ó final venda máis ou menos. Pero o feito de que a meirande parte da narrativa dos últimos dez anos que coñezo amose un ton indubidablemente morno, nin frío nin quente, apunta a unha vontade de mesura coa fin de alcanzar un amplo rango de público. (Se algún de vós foi guionista para a televisión, entenderá de que falo).
    Por último, a visión que no artigo se da do que é un best-seller paréceme algo xeral. Lémbrovos que Amélie Nothomb é supervendas en Francia e non escribe nada nin remotamente semellante ó folletín de aventuras e intrigas decimonónico. É literatura, son lectores, é complexo.

  3. PD: Si concordo na intención global do artigo, nesa necesidade de entreter máis. Xustamente porque, se a literatura galega é algo minotario, o que lle fai falta para acabar de matala é un academicismo exacerbado.

  4. Para a literatura galega os lectores nunca importaron moito…

  5. Gañar lectores é máis complexo do que apunta Feijoo. É certo que hai exceso de academicismo e que faltan libros que enganchen coa xente, isto non quere dicir que non teñan calidade. Pero a isto hai que sumarlle mellores editoriais, máis apoio mediático, mellor ensino da literatura nos institutos, novas fórmulas para chegar ao le tor e un longo etc. Por certo, cantos libros falan da crise que vivimos? Cantos teñen por protagonistas os mozos que cada día fan as maletas? Cantos abordan a corrupción política? Dende logo moitos menos ca os que se seguen a pubkicar sobre a Guerra Civil, a Segunda Guerra Mundial ou sobre outros episodios históricos. Escapismo da realidade?

  6. Pingback: entrando na polémica | ferradura en tránsito

  7. Pingback: Solleiro: «Pretender best sellers nun contexto literario no que se venden 200 exemplares é bastante absurdo» | Letra en Obras

  8. Non entendo os Feijoo

    Non hai un Feijoo que entenda, ou si.
    A este Feijoo, Pedro, non o entendo. Se el é escritor, ¿cal é o problema? Que non o editan? Que non ten lectores? Ningún destes é un problema para el. Pois lo?
    Coñezo eu un escritor, dunha calidade inmensa e “popular”, e que xa nalgunha das súas obras falou disto. A obra chámase RASTROS, e o escritor Roberto Vidal Bolaño.
    E non entendo este Feijoo porque fala coma se coñecese todo o que se escribe e publica, ou publicou. É evidente que non, ¿daquela?

    Outra cousa son os editores, auténtica calamidá nacional.

  9. Un problema máis interesante que o proposto por este Feijoo é o “esquecemento”, motivado pola preguiza e pola ignorancia de grandes escritores que hai na lieteratura galega. Xa o dixo o Vidal Bolaño na súa DOENTES:

    Don Valeriano: Berce de enormes talentos! Alí naceu o máis grande escritor deste século. Sabías?
    Cañete: Alí non sabe escribir ninguén!
    Don Valeriano: Para desgracia do universo mundo, morreu hai case vinte anos. Pero creme, naceu alí. Chamábase Don Ramón María del Valle Inclán. Os seus restos repousan aquí, en Compostela.
    Cañete: Nunca oíra falar del.
    Don Valeriano: O olvido é unha das moitas miserias coas que o home de xenio ha de apandar nestes tempos. Falo de xenio creativo, claro, aínda que do outro o teu veciño, tamén estaba servido. Ves esta cicatriz? (Amósalle unha meixela.) O recordo imborrable dun caxotazo que me propinou el no transcurso dunha disquisición teolóxica. Algún día todo o mundo aprenderá a ler lendo os seus versos, as súas novelas ou as súas comedias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 5 = 13