medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Sexamos árbores

Un artigo de Celia Parra Díaz

Cando era nena meus avós leváronme a plantar un castiñeiro a Casablanca, unha finca afundida entre os mestos soutos que arrodean Quiroga. “Tes que regalo ben –dixéronme- vir coidalo cada pouco para que medre contigo”. Eu dende aquela agardaba ansiosa o momento de subir a Casablanca a ver canto medrara o castiñeiro, a poñerlle pauciños para endereitalo e que medrase cara á luz… Era feliz. Sabía que alí, húmidas baixo a terra, estaban tamén as miñas raíces. A miña identidade.

Celia Parra

As linguas, para min, son coma as árbores. Hai que regalas ben para que as súas raíces medren e sosteñan a terra. Para que as súas pólas se estendan en todas direccións e nos dean sombra cando imos merendar ó monte. E que mellor semente que a palabra para poboar a terra de aire fresco e respirarmos vida.

Mais agora veñen leñadores que queren talar o bosque enteiro. Anda o señor Wert a lexislar a favor dos eucaliptos; seica as especies autóctonas non lles deixan aire nin espazo abondo. Hai que protexer, parece, ás especies invasivas que, por tan enraizadas, nos intentan vender como nosas. Pero as linguas son coma as árbores: se podas demasiado as pólas, a savia seca, as follas caen e a vida morre.

Xa sobreviviu o galego aquel escuro inverno de barbeito, e xa volvemos repoboar o bosque semente a semente, con abono de palabra e tempo. Xa foi abondo o esforzo como para deixar que agora nos poden a lingua. Non nos deixemos condensar en bonsáis embalsamados baixo as vitrinas de calquera museo. O galego é un carballo. O noso tronco é rexo e forte. “Se somos galegos, é por obra e gracia do idioma”, dicía Castelao. Sexamos árbores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


3 + = 9