medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Sánatos, de Paso de Valverde

Un artigo de Carla Capeáns

Sánatos, da Asociación Paso de Valverde

– Dirección: Paulo Serantes

– Axudante de dirección: Xabi Ramilo

– Elenco: María Miranda, Manuel de Eva e Belén Patiño

“A vida doe demasiado, non hai por onde fuxirlle. O pasado volta para mostrarnos como de felices fomos e como de enganados estabamos. Aqueles riseiros aloumiños son hoxe lastro que afunde sen pausa, e o amor truncou en obriga maldita. Haberá lugar para o descanso? Cando nos equivocamos?”

Paso de Valverde

Carla Capeáns

A Asociación Teatral Paso de Valverde foi creada en Arteixo aló polo ano 2006 da man de Paulo Serantes, Xavier Ramilo e Antuán Iglesias como “un grupo de traballo, un espazo de investigación e busca do feito teatral baseado na proxección do corpo e da voz no espazo escénico”. Deste xeito, a Asociación Teatral Paso de Valverde ofrece un curso anual de formación teatral para actores no que se traballa a presenza física e vocal do actor, a relación entre o corpo e a voz, o espazo escénico, o xesto e o movemento así como tamén a acrobacia, a máscara e a improvisación.

“Adeus Kantor”, “Un día no circo”, ou “Drammatico” son algúns dos traballos que a Asociación Teatral Paso de Valverde puxo en escena en calidade de compañía de teatro afeccionado. O seu último espectáculo, “Sánatos”, foi presentado no XI Festival Agustín Magán organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado e que tivo lugar en Santiago de Compostela entre os días 6 e 11 de decembro.

“Sánatos” é unha viaxe continua entre o presente e o pasado. Lembranzas que espertan en nós un sorriso, recordos fuxidíos, recordos enfrontados a unha realidade. En escena tan só tres personaxes, unha cadeira e unha desas “camareiras” con rodas que tiñan as nosas avoas. E mais nada…

Pártese dunha simplicidade escénica absoluta que funciona á perfección. Esa simplicidade fai que o realmente importante sexan as personaxes e a historia que cada unha delas leva tras de si. O texto apoia e fía a trama pero tan só o fai cando é necesario e sempre dun xeito sutil, sen ser demasiado explicativo e redundante porque o que importa en “Sánatos” non é a palabra. O traballo de María Miranda, Manuel de Eva e Belén Patiño é excepcional. Carecen de apoio textual mais rebuscan dentro do seu corpo para atopar a sensibilidade e ao mesmo tempo a dureza que nace da propia historia.

A iluminación é simple pero moi eficaz pois apoia os momentos clave da historia sen entrar en excentricidades. Así mesmo, espazo sonoro, en consonancia con toda esa simplicidade que baña o espectáculo, envolve cada unha das imaxes e potencia a súa fermosura.

En definitiva, “Sánatos” é un pequeno GRAN espectáculo.

[*] Data da función sobre a que versa o comentario: 11 de decembro (no marco do XI Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán)

© Carla Capeáns Pardo, 2012

Comentario a Sánatos, de Paso de Valverde

  1. Houbo un erro ao describir a ficha técnica do espectáculo.
    Queda como segue:

    · Dirección: Paulo Serantes
    · Axudante de dirección: Xabier Ramilo
    · Produción: Paso de Valverde
    · Perruquería: Manuel de Eva
    · Elenco: María Miranda, Manuel de Eva e Belén Mariño (no canto de Belén Patiño)

    Desculpas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 5 = 7