medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Os book trailers: o poder da imaxe para atraer lectores

Nos últimos anos, coa popularización das redes sociais, os book trailers convertéronse nunha das ferramentas máis baratas e efectivas para promover unha obra literaria.Pero que vén sendo un book trailer? Pois poderiamos definilo como un vídeo promocional dun libro a imitación dos trailers cinematográficos que publicitan películas.

A orixe da historia dos book trailers podémola datar en 1986 cando o escritor estadounidense Jhon Lee Farris promociou nun vídeo a súa novela Wildwood. Dende ese parto foron moitos milleiros de libros os que buscaron este gancho para atraer lectores. A partir de finais dos 90 e sobre todo xa entrado este século XXI, os book trailers espalláronse de maneira extraordinariamente rápida aproveitando a internet.

Á literatura galega esta ferramenta tardou máis en chegar. Probablemente o primeiro book trailer dunha obra literaria na nosa lingua ten como data o 2005. Podedes ver aquí o divertido vídeo promocional, que fixo a xornalista María Yáñez para a novela O home inédito de Carlos Meixide. Ao ano seguinte (2006), Edicións Xerais daba uns pasos adiante promocionando obras de dous dos seus autores máis populares: Suso de Toro e Manuel Rivas.

Pero os book trailer poden ser tamén un xeito de explicar a literatura. Un dos múltiples exemplos é o moi modesto pero meritorio vídeo sobre o libro Todo é silencio, de Manuel Rivas, que elaboraron os alumnos de primeiro de Bacharelato do IES Urbano Lugrís da Coruña. Novas ferramentas e novos tempos para un mesmo pracer: a lectura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 1 = 5