medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

No medio da vaga de recortes, o Ministerio de Cultura destina 2,5 millóns de euros a manter as fundacións de partidos políticos

A política de permanentes recortes orzamentarios, sumados á gravísima crise económica, está a poñer en xaque a moitas empresas e institucións que traballan no mundo da cultura. Un exemplo de actualidade no noso país é a pronunciada caída de ingresos que vai ter a Real Academia Galega (RAG) debido ás restricións orzamentarios do goberno español. A máxima institución da lingua e da literatura galega recibirá en 2013 do Ministerio de Cultura algo máis de 380.000 euros, fronte ao millón de euros que percibiu en 2011.

Porén, no capítulo de subvencións, a pesar de que tamén sofren baixadas, os satélites ideolóxicos dos partidos políticos seguen a recibir fortes inxeccións do Ministerio de Cultura. Un bo exemplo é que o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou a semana pasada que case 2,5 millóns de euros irán destinados a fundacións políticas. Así o Ministerio de Cultura doará en 2013 case 1,2 millóns de euros á Fundación FAES (presidida por José María Aznar e vinculada estreitamente ao PP).  As fundacións ligadas ao PSOE (Ideas, Pablo Iglesias e Rafael Campalans) recibirán algo más de 765.00 euros.

A distribución de dádivas (baixo criterios de representación política no Congreso e no Senado) prosegue deste xeito: Fundación pola Europa dos Cidadáns (ligada a IU) ingresará perto de 148.000 euros; Progreso e Democracia (de UPyD), máis de 121.000 euros; Fundació Catdem (de Convergència Democrática de Catalunya), algo máis de 81.000 euros;  a Fundación Sabino Arana (PNV), 35.458 euros; o Institut d’Estudis Humanístics Miquel Coll i Alentorn (vinculado a Unió Democrática de Catalunya), 27.762 euros; e a Fundació Josep Irla (ERC), 26.000 euros.

Nous Horitzons, dependente de ICV, levará o vindeiro ano 22.383 euros do Ministerio de Cultura; a Fundación Galiza Sempre (vinculada ao BNG), 19.600 euros; a Fundación Centro de Estudios Canarios Siglo XXI (ligada a CC), algo máis de 15.000 euros;  e Alkartasuna Fundazioa, de Eusko Alkartasuna 13.082 euros. A lista péchase con pouco máis de 5.500 euros para a Fundación Gaspar Torrent, vinculada á Chunta Aragonesista. Todas estas fundacións tamén recibiron proporcionalmente este mes perto de 900.000 euros en axudas da Secretaría de Estado de Cooperación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


2 + = 11