medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Contos dixitais antes de deitar as crianzas

Coa chegada do Apalpador, de Papa Noel, dos Reis Magos os agasallos multiplícanse. Se no plano literario o Nadal sempre foi unha boa época para os libros infantís, a universalización tecnolóxica vai introducindo novos formatos que logo de tímidos avances van collendo folgos.

O protagonista dun dos contos de Galaxia Tales

As editoras son conscientes da forte penetración que teñen os dispositivos tecnolóxicos entre as crianzas. Os computadores, os teléfonos multimedia ou as tabletas electrónicas están cada vez máis presentes en máis fogares e os nenos e nenas que teñen acceso a elas ven como cambian moitos dos seus hábitos de lecer.

Unha das grandes editoras galegas, Galaxia, vén de dar un primeiro paso abrindo Galaxia Tales. A iniciativa pode considerarse un experimento, con vontade comercial, para ir creando novos contidos na nosa lingua en formato dixital. Dende a editorial remarcan que Galaxia é a primeira web en galego de contos interactivos na rede, listos para seren visualizados en calquera soporte con conexión a internet.

Neste caso, a aposta de Galaxia, que conta co apoio de Agadic,  é trilingüe (galego, castelán e inglés). O primeiro conto que serve como exemplo é “Unha sopresa para Goruk”, con textos de Daniel Landesa, ilustracións de María Longa e a voz de Teresa Santamaría. O conto pode mercarse a un prezo de 2,42 euros e dende a web existe a posibilidade de ver unha parte antes de mercalo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


3 + = 10