medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Queres ter na túa casa unha primeira edición de Follas Novas? Saca do peto 1.500 euros

En tempos onde a edición dixital vai gañando terreo de xeito lento pero inexorable, o libro de coleccionismo segue a ter un pequeno pero apaixonado círculo de devotos. Abonda con mergullarse en portais electrónicos especializados  para comprobalo. Auténticas xoias da literatura galega andan espalladas por todo o estado á espera de comprador.

Primeira edición de Follas Novas

Unha libraría do municipio alacantino de Dehesa de Campoamor oferta na rede unha primeira edición de Follas Novas de Rosalía de Castro por 1.500 euros. Aínda así, este exemplar editado na Habana en 1880 non conserva a cuberta orixinal. Outra libraría madrileña vende por 600 euros outra primeira edición dunha obra emblemática do século XIX: O Divino Sainte (1888), de Curros Enríquez. Ao igual que no caso anterior, o exemplar ten desperfectos.

Un dos clásicos galegos máis codiciados segue a ser Castelao. Na rede podemos adquirir Cincoenta homes por dez reás (1930) por 1.260 euros. O exemplar está dispoñible noutra libraría madrileña. Outro negocio da capital española oferta por 600 euros unha primeira edición do ensaio político Sempre en Galiza (1944).

Tamén podemos atopar clásicos máis recentes. A Libraría Vetusta de Compostela ten á venda unha primeira edición d’Os Eidos (Galaxia, 1955) de Uxío Novoneyra. O libro, que conta cun prólogo de Ramón Piñeiro e que está en moi bo, estado ten un prezo de 180 euros. Da segunda metade do século XX, a prezos máis asequibles, tamén se poden atopar, entre moitas outras, unha primeira edición de Voce na néboa (1957) de Méndez Ferrín por 60 euros ou o Vento Ferido (1967) de Carlos Casares por 30 euros.

Porén na rede non aparecen  multitude de obras históricas da literatura galega que só poden mercarse entre particulares ou en librarías moi especializadas. Edicións de pequena tiraxe asinadas polo autor, libros con adicatorias históricas…O prezo  só depende do que estea disposto o comprador.

Un mercado que tamén se resente coa crise

Dende a Libraría Couceiro de Santiago confirman que a crise bateu con especial virulencia no libro de colección. No seu local dispoñen dun andar dedicado en exclusiva ao libro antigo e comprobaron a baixada de vendas dos exemplares para coleccionistas: “o libro antigo é caro e en momentos de crise a xente pénsao dúas veces”, explica Pablo Couceiro. Aínda así os prezos non diminúen, porque segue a ser complicado atopar primeiras edicións de clásicos en galego en bo estado.

Se nos anos 80 era posible atopar a relativo baixo custe primeiras edicións de clásicos galegos, moitas delas chegadas de bibliotecas de América, hoxe en día mercar en bo estado exemplares primeiros de Cantares Gallegos ou de Queixumes dos pinos son “raras avis” que pode sobrepasar nalgún caso os  5.000 euros.

Pero cal é o perfil do buscador destas xoias literarias? Pablo Couceiro sinala que non se pode falar dunha elite económica, segundo el máis ben habería que falar de persoas dun “nivel cultural moi alto” que aprezan estas obras e están dispostas a facer un importante esforzo para conseguilas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 7 = 10