medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Premio Biblos: un viveiro de novos narradores

O editor Tucho Calvo, no centro, con varios dos premiados

En 2005 nacía un premio que co tempo se ten convertido na principal escola de aprendizaxe e escaparate para novelistas novos. O proxecto Biblos Clube de Lectores, dirixido polo veterano xornalista Tucho Calvo, decidiu propoñer un concursos diferente. Os aspirantes a gañalo (menores de 25 anos) teñen que presentar un proxecto de novela. O premio consiste precisamente en levar a bo porto esa proposta literaria coa axuda dun titor, un autor experimentado e recoñecido.

En 2013 o galardón chega cheo de vida á súa novena edición. Na súa nómina de gañadores figuran Iria López Teixeiro, Alberto Ramos, Patricia Casas, Berta Dávila, Pablo García Martínez, Elena Veiga e Iria Morgade. En 2012 o concurso quedou deserto ao considerar o xurado que non había propostas con calidade suficiente para avalar o premio.

Tes un proxecto de novela e consideras que necesita dunhas voltas? O Premio Biblos pode ser o mellor pasaporte. Para te presentar a esta novena edición do premio non podes ter cumpridos os 25 anos ao longo de 2013. O que si que debes é preparar unha exposición precisa das características da novela (20-30 folios) na que debes incluír o argumento e as técnicas narrativas que tes previsto empregar. No mesmo proxecto é preciso adxuntar un capítulo ou un fragmento que permita valorar o estilo narrativo.

Tes de prazo até o vindeiro 18 de marzo. O gañador dedicará o mes de outubro a darlle forma ao proxecto coa axuda dun autor ou autora de prestixio. Queres saber máis sobre as bases e a onde debes dirixir a túa proposta? Pica aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 4 = 13