medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O Inem animado

Xurxo Chapela

A estas alturas do ERE eterno, España é a Estantiga, e as reas do INEM, un exército de ánimas, cinco millóns de Fiz de Cotovelo penando polas corredoiras do paro. Eu mesmo hai mañás nas que vexo no espello a Miguel Rellán e, no canto de peneirar as enxoitas ofertas de traballo, ando a buscar a alguén que vaia descalzo por min a San Andrés de Teixido, como a miña se uniu ao retén que prende velas na igrexa da parroquia o xoves que me despediron. Eu xa había uns anos que pasaba por diante da oficina de emprego como, de neno, por diante da funeria da rúa Colón: agochado para que non me tomasen as medidas. Pero coñécese que no Instituto miran cos mil ollos de Argos, como as colas dos pavos reais. Me caso en Soria!

Un artigo de Xurxo Chapela

Comentario a O Inem animado

  1. E claro, vostede, Xurxo, nin andará a preparar oposicións (se é que algunha praza de funcionario aínda convocan), nin terá (por un casual) varios miles de euros por aí esquecidos nun peto dos pantalóns para montar unha empresa, nin se matricularía na universidade (outra vez). Segundo a moral imperante, é vostede a vergoña da nación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + = 11