medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O home da trenca gris

Un artigo de Ramón Vilar

Sempre leva a mesma trenca gris. Quédalle un pouco grande nas mangas. Coa man dereita abre a porta do supermercado e, con timidez, deixa ver na esquerda unha caixiña de cartón onde se amorean moedas miúdas.

Ramón Vilar

Aínda que sen nomina fixa nin seguridade social, semella un empregado máis. Tanto carga coas bolsas dunha embarazada, como se ofrece a levarlle a caixa de leite a un señor maior. Resúltame imposible adiviñar a idade, pero non é novo. Seguro que pasa dos sesenta.

De cando en vez atopámonos no bar do barrio. A primeira hora da mañá, o local é un rebumbio de obreiros camiño do traballo e de pensionistas que agardan a que marche a primeira friaxe da mañá. Máis tarde chega a lexión de parados que repasan a sección de breves. Despois os funcionarios que discuten se o rescate vai chegar en 2012 ou en 2013.

O home da trenca gris saca do peto as moedas contadas para unha aposta da bonoloto. Non toma café. Simplemente recolle o resgardo da aposta e dóbrao con coidado antes de saír á rúa. A estas alturas da vida xa ten máis que aprendidas as regras do mercado. Ata para un golpe de sorte fai falta un minimo de cartos.

Comentario a O home da trenca gris

  1. Coido que era o protagonista dunha novela de Richard Ford o que dicía que, se hai algo que precisas se vas tentar a sorte, son cartos.
    Tal vez non é o tema principal do artigo, Ramón, pero ese resgardo de lotería lémbrame o estraño peso que a sorte ten nunha vida, en case calquera, hoxe ou mañá, con carros de bois ou IPhones, con coñecemento ou soamente con vontade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + = 13