medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Limiar de conciencia: a incrible historia dunha “novela maldita” que por fin ve a luz

Cris Pavón

Cris Pavón comezou a escribir en 2002 unha novela á que lle dedicou case cinco anos de traballo. O  proxecto era ambicioso, novidoso e arriscado. A historia, que transcorre no ano 2062, arranca coa historia de LIDIA,  unha máquina lingüística que realiza traballos de tradución, ten un fallo no sistema de comunicación e queda illada.

A autora deu por acabada a novela en 2007. A temática, a aposta por novas técnicas narrativas e o propio xénero da obra fixeron que Cris Pavón (A Coruña, 1962) pensase dende o primeiro momento que o formato idóneo era o dixital: “ Que sentido podía ter que os logs dunha máquina, por moita ‘feitura literaria’ que acadasen, foran impresos en papel, cosidos, encadernados e distribuídos en andeis de librarías? Pouco. É un texto que cómpre ler nunha pantalla, aínda que naquel 2007 no que o rematei, os libros dixitais en galego nin estaban ni se esperaban.”

Co punto e final á novela comezaba un novo reto: atopar una saída editorial a Limiar de Conciencia. E é aí cando a obra comezou a percorrer os grandes premios de novela en lingua galega. Para a súa sorpresa, Limiar de conciencia é finalista nada menos que no Premio Xerais 2009 e no García Barros de 2010. A pesar dos grandes azos que lle daban estas distincións, a novela non lograba saír do caixón: “quizabes por ser unha autora inédita e descoñecida, tamén probablemente polas dificultades que atravesa o eido editorial, non puiden vela publicada nin nestas nin noutras editoriais”, relata no seu blog.

Dez anos despois de iniciar un proxecto tan persoal como ambicioso, Cris Pavón decidiu romper co “malditismo” editorial de Limiar de Conciencia. A autora acaba de autoeditar de balde a obra en internet, baixo licenza Creative Commons, ao non atopar ningunha editora galega disposta a apostar por un texto que estivo a piques de lograr dous dos premios máis importantes do noso sistema literario.

8 comentarios a Limiar de conciencia: a incrible historia dunha “novela maldita” que por fin ve a luz

  1. Tampouco é tan de estrañar. A última vez que unha editora arriscou algo na literatura galega foi hai 35 anos cando publicaron Dos Anxos de dos mortos. A maioría do que veu despois vai en paralelo das políticas do libro que dita a Xunta. Ben, agora non hai política ningunha e entón xa non sei se se publican libros.

  2. Pingback: Limiar de conciencia (-1) | deContado

  3. Pingback: Limiar de conciencia (-2) | deContado

  4. Carai, INÉDITO Á FORZA, a esa contundencia só lle falta rematar cun I PUNTO.
    Se algunha razón si que tes, pero desprezar todo todo, desconsiderar así todas todas as editoras semella unha gan incultura.

  5. E vén ao caso, Liches RASTROS, SAXO TENOR? ¿Liches algo de Roberto Vidal Bolaño?

  6. E vai outra: ¿liches LIMIAR DE CONCIENCIA?

  7. Coido que Inédito á forza non especifica, pero seguramente saiba a que se refire vostede, Pepe. E se non, non sería raro, porque as editoras que intentan tirar por outro camiño teñen poucos medios e non poden meter moito ruido mediático, e nalgúns casos nin os seus responsables crerán no éxito da aventura, seguramente.

  8. Pingback: Cris Pavón: do ‘malditismo editorial’ ao aplauso dos xurados | Letra en Obras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


3 + 4 =