medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

‘Fin de poema’, de Juan Tallón, Premio Lueiro Rey de Novela Curta.

Juan Tallón

Esta pasada fin de semana fallouse no Grove un dos grandes premios de novela curta en galego: o Lueiro Rey. Nesta ocasión o gañador foi o xornalista e escritor Juan Tallón (Vilardevós, 1975), que recibiu o visto e prace unánime do xurado pola súa obra Fin de poema. A obra, premiada con 3.000 euros en metálico, sairá á luz o vindeiro mes de xaneiro, editada por Sotelo Blanco.

Un dos membros do xurado, Francisco Martínez Bouzas, asegura no seu blog que a “novela hoxe galardoada, Fin de poema súmase ás tendencias da narrativa contemporánea de converter a literatos, e en xeral a artistas e intelectuais, en personaxes de ficcion. Sobre todo nesta última década hai unha grande floración de novelas onde o protagonista é un escritor ou un personaxe con intereses intelectuais. “

Tamén podes ver a opinión doutra das persoas que formou parte do tribunal do premio, neste caso o crítico Armando Requeixo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + = 10