medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

“O 80% do libro que vendemos é infantil e xuvenil”

O pasado mes de xullo o poeta fisterrán Modesto Fraga e a súa compañeira Alba Rodríguez abriron unha libraría en Arteixo: Á lus do candil. Seis meses despois, pese á treboada económica que vivimos, o balance é positivo. A decisión foi case natural: a familia dela dispoñía dun local neste municipio coruñés e eles tiñan coñecemento do mundo do libro galego. E aínda que semelle incrible, Á lus do candil é a primeira libraría, en sentido estricto, dun municipio que supera os 30 mil habitantes.

O libro en galego monopoliza os fondos da libraría, aínda que tamén hai un pequeno espazo para best-sellers en castelán. O libro infantil e xuvenil está a ser o auténtico motor do negocio: “levamos unha sopresa grande xa que o 80% dos libros que vendemos van dirixidos ao público infantil e xuvenil”. Modesto Fraga considera que as editoras galegas de literatura infantil e xuvenil están a recoller os froitos de editar obras de gran calidade e cun formato moi coidado.

Modesto Fraga

No que respecta á chamada literatura de adultos, o escritor e libreiro ve claros e escuros. Mentres que na narrativa hai determinados autores que teñen certo éxito de vendas, outros xéneros como a poesía non pasan os mellores momentos: “é unha époc a que en xeral se edita pouco e en poesía aínda menos”.

Ao igual que moitas voces do sector, o que si que bota en falta Modesto Fraga é unha maior implicación das institucións na promoción da literatura galega: “Eu creo que cousas concretas como campañas de apoio á lectura era importantes, pero hai pouco interese e é escasa a información a que chega ao cidadán sobre o que se está a facer na literatura galega”.

Vontade de ser un punto de referencia cultural

Os promotores de Á lus do candil teñen claro que o seu traballo non se limita a despachar libros, Modesto Fraga e Alba Rodríguez queren que o seu local tamén se convirta nun espazo de referencia cultural na zona, por iso xa preparan multitude de actividades de dinamización cultural. A primeira delas terá lugar xa este vindeiro venres 23 de novembro xa que o escritor José Estévez vai presentar, acompañado de María Xosé Bravo,  a sú novela “Fugaz coincidencia”

En semanas posteriores vai ter inicio o ciclo “Poesía á lus do candil”, no que participarán autores e autoras da xeración dos 90 e algún máis novos. Tamén pasarán pola libraría a presentar os seus últimos traballos escritores como Manuel Rivas, Miguel Sande, Xosé Neira Vilas ou Ramón Blanco. Mais a arte non para só no mundo das letras, n’A lus do candil tamén se pode atopar artesanía de Nacho Porto ou cadros de Nolo Suárez.

  • Se queres achegarte a coñecer esta libraría, podes atopala na rúa Historiador Vedía, 3, Arteixo.

3 comentarios a “O 80% do libro que vendemos é infantil e xuvenil”

  1. Parabéns por este exercício de valentia e trabalho poético!!!

  2. Prezad@s amig@s:
    Moitísimas grazas pola estupenda -e ben agarimosa- reportaxe que fixéchedes da nosa libraría, “Á lus do candil”.
    Certamente, grazas ao voso apoio difundindo iniciativas deste tipo, o noso sistema literario segue vivo e co horizonte da visibilidade cada día máis luminoso.
    Unha forte aperta e que a lus do candil dos libros e a lectura nos alumee sempre.

    Libraría “Á lus do candil”.

  3. Encombiable proxecto, desde logo. Sóame raro iso de que se abran librarías hoxe. Sobre o asunto das vendas de literatura “infantoxuvenil” en galego, que lle din por aí, a min non me sorprende tanto. Hai xa moitos anos que os máis dos editores andan tumba e dalle con que o que terma dos seus negocios son as vendas deste tipo de libros. Xa cando me editaron a min, hai 11 ou 12 anos, a editora faloume da literatura “para adultos” con ese agarimo despectivo co que moitas mulleres falan de pretendentes ós que atopan pouco masculinos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


2 + 6 =