medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Rúa da Paz, Ourense

Un artigo de Xurxo Martínez

Un paseante pola cidade pode manter dúas posturas: a do pailán que vive mergullado na lóxica dun espectáculo alleo a el mesmo (o badaud); ou a do pasaxeiro interesado en experimentar e procurar as sensacións da vida desa urbe por vontade propia (o flâneur).

Xurxo Martínez

Xurxo Martínez

Se baixamos pola rúa da Paz de Ourense coa primeira opción é moi posíbel que gocemos co trasfego de xente e cos escaparates da zona. Se quedamos coa segunda alternativa poderemos, entón, gozar da imaxe granítica dese lugar que contén anacos brillantes da cultura galega.

Álzanse dous nomes universais como géyseres volcánicos das nosas letras: Vicente Risco e don Ramón Otero Pedrayo, o de Trasalba. Ambos converteron a rúa da Paz no regueiro da revista Nós e do nacionalismo pioneiro na cidade das Burgas. Transformaron en dúas décadas a vella cidade de Auria nun dos centros de produción cultural máis transcendentes. Herdeiros daquel Valentín Lamas Carvajal que con sabia retranca dirixiu o primeiro xornal monolingüe, O Tío Marcos da Portela.

Na mesma rúa está o Xocas, aquel home de rostro retraído, de xesto tímido e excelente investigador da antropoloxía galega que nos legou sabios saberes. Un discípulo avanzado dos anteriormente citados e de Florentino López Cuevillas, quen moito andou aquela rúa da Paz instigado sempre pola curiosidade arqueolóxica.

Se cadra o derradeiro de todos eles, o home que pousou sobre el o intento de emancipar a Galiza de toda caste de prexuízos, foi Alexandre Bóveda. Cantas veces se cruzaría de pícaro con Otero ou Risco sen que ambos soubesen que un día aquel raparigo sería o mártir símbolo do paso do Atila feixista.

Moitos máis nomes que poderiamos dar do empedrado camiño. Nomes que conforman un roteiro literario completado coas as circundantes rúas.

Auria, a cidade de ouro. Ben se deita que é así.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + = 15