medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Premios da Crítica de Galicia: 35 anos de peneira dos mellores proxectos culturais

Os Premios da Crítica de Galicia chegan á súa edición número 35. Creados en 1978 polo Círculo Ourensán Vigués, os galardóns consolidáronse como un dos máis importantes referentes á hora de valorar o estado da cultura galega.

Xurado da 34ª edición (2011)

Naquel xa afastado 1978 os premios recaeron en: Alfonso Pexegueiro por Mar e naufraxio (Premio de Creación Literaria); Torres Queiruga por Recupera-la salvación (Premio de Ensaio e Pensamento); Isidro Parga Pondal (Premio de Investigación); María Uriz (Premio de Ciencias e Artes da Representación); A Roda e Milladoiro (Premio da Música); e Museo do Pobo Galego (Premio Iniciativas Culturais).

Nesta ocasión o fallo do xurado será coñecido o vindeiro sábado 17 de novembro nunha cea que se celebrará no Hotel Os Escudos (Vigo). A Fundación Premios da Crítica de Galicia, que organiza o evento dende 1992 deu a coñecer esta semana quen serán os xurados en cada apartado dos galardóns:

Creación Literaria: Ana Romaní (escritora, gañadora da edición 2011 de Creación Literaria),  Fina Casalderrey (escritora, Premio Nacional de Literatura Infantil), Olivia González (profesora da UDC, Sección de Crítica da AELG), Xavier Lama (escritor e xornalista), Isabel Mociño González (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, profesora da UDV), Luciano Rodríguez (profesora da UDC), e Blanca-Ana Roig Rechou (secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia).

Investigación:  Jorge Mira Pérez (catedrático da UDS, gañador da edición 2011), Xosé Manuel Beiras Torrado (catedrático xubilado da UDS), María del Mar Lorenzo (profesora da UDS), José María Barja (catedrático e ex-reitor da UDC), Mercedes Brea (catedrática da UDS), Ricardo García Mira (profesor da UDC) e Ernesto Sánchez Pombo  (secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia).

Música:  Rodrigo Romaní (membro da Orquestra Son de Seu, gañador da edición 2011), Marión Sarmiento (voz do Taller Atlántico Contemporáneo), Javier Otero Neira (director do Conservatorio de Santiago), Abe Rábade (músico de jazz, pianista e compositor), Carlos Villanueva (catedratico da UDS), Maximino Zumalave (director de orquestra, pianista) e Anxo Tarrio Varela (secretaría, Fundación Premios da Critica Galicia).

Iniciativas Culturais:  Xosé Manuel Rosales (arquitecto e profesor, membro do Proxecto Terra, gañador da edición 2011), Iago Martínez (xornalista), Anxos Sumai (escritora), María Xosé Porteiro (xornalista e escritora), Germam Ermida (xornalista), Carme Vidal (xornalista) e Xavier Senín (secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia).

Artes Plásticas e Visuais:  Anxo Cabada (fotógrafo), Suso Cubeiro (ilustrador), Álvaro de la Vega (escultor), Iñaki Martínez Antelo (director do Marco), Asunta Rodríguez (galerista, directora da Galería Trinta), Teresa Táboas (arquitecta) e Charo Portela  (secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia).

Artes Escénicas e Audiovisuais:  Xesús Ron (actor e director, en representación de Chévere, gañador da edición 2011), Mariana Carballal (actriz, directora), Mamen Quintas (produtora, Ficción Producións), Miguel Anxo Fernández (crítico de cine), Gustavo Pernas (actor, director, Ancora Producións), Isabel Blanco (actriz, delegada AISGE en Galicia) e Inma López Silva (secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 7 = 11