medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O pan de Serge

Un artigo de Vidal

(Comentarios ó presente momento espléndido da literatura galega)

Alguén dixo que Serge Gainsbourg, nalgún momento da súa vida (ou quizais na totalidade da mesma, a saber) estivo convencido de que o estado francés tiña que mantelo. Chistes aparte sobre os seus méritos no terreo amatorio, ou amoroso, a gusto de cada quen, coidaría el que un artista non merece unha vida de ingresos irregulares.

Vidal

Vidal

Penso na miña propia condición de escritor con ingresos moi irregulares. E na de moitos escritores con ingresos regulares, que aproveitan para escribir cando lles dan vacacións na Xunta ou durante os meses nos que os alumnos están martirizando ós pais na casa. Máis dunha vez se ten dito que estes non son xeitos de ir a ningures: que debe amosarse como algo posible a figura do escritor profesional, para o caso en galego.

Para isto, engádese, o candidato a escritor profesional en galego debe facer o que os máis dos escritores non profesionais en galego non acaban de facer: ver con bos ollos a mercadotecnia.  É dicir, tirar de dentro a predisposición para botar o ano a facer xiras de presentación, atender ós medios de comunicación, saír na televisión (á hora na que dormen as curuxas, e iso supoñendo que te chamen) e dar conferencias na Coruña, Pastoriza, Estambul ou Curitiba, se houber ocasião. E se quedara tempo e o día chegara a ter 25 horas ou aturara o escritor profesional con 3 diarias de sono, escribir unha ducia de liñas. Algo de razón hai nesta parte do razoamento, con todo. Non se vende se non se existe (e viceversa, case podería dicirse). E coa promoción por internet non chega: como moito, gáñanse followers, e a meirande parte deles preferirán descargalo de balde: o verbo “descargar” en internet leva con frecuencia aparelladas de por si estas dúas palabras.

Á outra parte, en troques, xa lle vexo máis candor ca raciocinio. É a que trata da base que debe existir para que estes esforzos non queden en nada. E aquí rematan os feitos e comezan as expresións de vontades. Onde debera figurar a razón para crer que tal empresa é posible, aparecen as palabras “todo se andará”. Ou “malo será”, coma no anuncio. Mais resulta moi difícil saír adiante nun lugar no que, se lle pides un adianto ó teu editor, non lle pasa a risa nunha semana. Por exemplo.

Por todo isto, igual Serge, de ter nacido e vivido aquí, non andaría moi desencamiñado. Se a un non se lle permite, por razóns sempre discutibles, entrar na panadería ou non se lle paga polo que fai dabondo para poder mercar barra ou molete, non quedará outra ca volverse pardal e, se un opta pola vida, voar a peteirar o gran polas leiras adiante. E se non opta pola vida, pois iso.

4 comentarios a O pan de Serge

  1. Acordo contigo, Vidal. Os escritores deberían recorrer as feiras e festas do pais, cunha caseta-móbil e intentar vender o que el fixo, coma se foran chourizos, queixos ou fouces. E levándose ben entre eles, podían xuntarse dous ou tres ou catro, e así partillarían os custes da caseta e mailas penurias dos camiños.

  2. Non sei se hai retranca no dito, Suqui, pero a idea de vender libros coma queixos é dun enxebrismo sedutor. Eu pensaba, de tódolos xeitos, en que este presunto momento de ouro da literatura galega ten (segue a ter) moito de coña.

    • Xúroche que ningunha, Vidal (debo ter sona de retranqueiro, se cadra merecida). Escribir un libro é difícil, pero vendelo é moito mais. E os primeiros interesados debían seren os propios escritores.

  3. Pois penso eu que os primeiros interesados deberan ser os editores, e máis cando o autor só leva o 10 por cento. Amigos si, pero a vaquiña polo que vale.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


5 + 5 =