medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Cipriano de Bequelar (historia de amor e morte)

Un artigo de Carla Capeáns

– Autoría: Leandro Lamas

– Dirección: Leandro Lamas

– Elenco: Silvia Casal, Lorena Montero, Quique Vázquez, Paula Morado

– Axudante de dirección: Gena Hernández
– Música: Miguel Bellas
– Escenografía: Carlos Lamas e Leandro Lamas
– Deseño de iluminación: Quique Vázquez

Carrachanacacha é unha compañía de teatro afeccionado que naceu no ano 2008 ao abeiro da asociación “O Aturuxo de Melpómene”. Mantivo dende os seus inicios unha estreita relación coa Escola Municipal de Formación de Actores e Actrices de Narón na que actualmente imparte docencia, entre outros, o dramaturgo e director de escena Jose Prieto.

Carla Capeáns

Comezou pisando forte co seu primeiro espectáculo “Comendo pementos de Padrón con Tarantino” escrito e dirixido polo polifacético Leandro Lamas (autor, director, actor e pintor) co que actualmente seguen a xirar polos escenarios de toda Galicia. Con “Gheidi, só para adultos”, o segundo espectáculo da compañía, Leandro Lamas dálle unha volta ao clásico infantil para contarnos a historia “dunha nena abandonada, de un avó narcotraficante, dun can infiel, dun neno escravizado que quere ser funcionario…”

No marco da  25ª (e derradeira) Mostra de Teatro de Cee, a compañía estreou o seu último proxecto: “Cipriano de Bequelar (historia de amor e morte)”.

A historia é sinxela: Un bo día Cipriano decide viaxar ata París e estudar poesía. Pasados os anos volve a Galicia feito un poeta de “elite” decidido a reencontrarse con algúns dos seus amoríos de xuventude. O texto é simple, directo e cunha estrutura interna moi clara. Alcanzar a aparencia de “sinxeleza”, en moitos dos casos, leva tras de si un esforzo considerable. E son precisamente os personaxes os que lle outorgan frescura e colorido a esta historia de amor e morte.

É importante no proceso de creación e dirección dun espectáculo ter moi claro a onde se quere chegar, que queremos contar e como o queremos contar. E Leandro Lamas sabe como é o “seu teatro”. A través da comedia máis disparatada que poidamos imaxinar crea un vínculo tan forte co público que é incluso capaz de manexar os nosos sentimentos. Ris e ris e cando pensas que xa non é posible rir máis… volves a chorar coa risa. Pero de súpeto, en cuestión de segundos, acontece algo que che apreixa o peito.

Un factor moi importante desta peza é o ritmo. Ten un ritmo trepidante que require dos actores un sobre-esforzo a valorar.

Forman o elenco de “Cipriano de Bequelar”, como vén sendo habitual nos espectáculos de Carrachanacacha, antigos alumnos da Escola de Formación de Actores e Actrices de Narón. Desta vez Carrachanacacha contou con Silvia Casal (Marilím), Quique Vázquez (Cipriano), Laura Montero (Canducha), e Paula Morado (Wendolyn) para este novo proxecto da compañía.

Os personaxes desta historia teñen moito de disparatado pero cada un deles garda tras de si unha sensibilidade oculta. Son personaxes redondos, con múltiples matices que engancha ao público dende o primeiro momento. Personaxes definidos corporalmente con gran precisión e riqueza, con movementos simples e rematados que lle outorgan cor e ritmo á peza Teñen, como conxunto, unha idea moi clara de cal é a historia que están a contar. Son un conxunto sólido, non hai individualismos que poidan romper a coherencia ou estrutura do espectáculo. Cada personaxe ten o seu pasado, o seu presente e o seu futuro pero tamén teñen unha historia común. En definitiva, un excelente traballo de creación de personaxe.

A escenografía, a iluminación e o espazo sonoro son tamén un factor moi importante do espectáculo.  Todo é sinxelo e complexo á vez. Non hai nada que reste… todo suma.  A escenografía (eternamente colorista e orixinal) funciona á perfección: coidase o máis mínimo detalle e concorda absolutamente coa estética do espectáculo.

Mención especial require o espazo sonoro creado por Miguel Bellas. Soubo captar a esencia mesma do espectáculo creando un pequeno mundo disparatado. Repito: neste espectáculo todo suma, nada resta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


3 + 9 =