medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Lonxa Literaria: microrrelatos con todo o sabor da ría

No texto debe figurar a palabra chalana

Un dos certames pioneiros de microrrelatos chega á súa décima edición. A Lonxa Literaria de Moaña pon a proba os escritores en lingua galega unha vez máis. Queres participar? Toma nota. O reto é enviar microrrelatos cunha extensión máxima de 15 liñas (a espazo dobre e letra Times New Roman, 12). No texto debe figurar obligatoriamente a palabra CHALANA.

Os traballos hai que remitilos ao Centro Cultural Daniel Castelao (Quintela s/n, 36950 Moaña) poñendo que é para o X Premio de Microrrelatos Lonxa Literaria. Dentro, acompañando o microrrelato (tres copias), debe  ir outro sobre co título no exterior que inclúa no seu interior os datos do autor ou autora.

O prazo para enviar os traballos está aberto ata o vindeiro 30 de novembro. O xurado dará a coñecer o microrrelato gañador tres semanas máis tarde. O premiado recibirá un lote de conservas da ría.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


3 + 1 =