medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O proxecto editorial O Figurante fai a súa estrea coa edición de “Planh. 10 poemas de Anne-Marie Cazalis”

Alberte Momán é o promotor do novo proxecto editorial

Neste mes de setembro vai aparecer nas librarías galegas un novo proxecto editorial: O Figurante Edicións. A iniciativa, impulsada polo escritor ferrolán Alberte Momán, estréase cunha pequena e descatalogada xoia literaria: Planh. 10 poemas de Anne-Marie Cazalis.

Na web da nova editora Momán explica a xénese deste proxecto. O escritor e agora editor subliña que foi o achádego desta autora unha especie de espoleta para a posta en marcha deste proxecto editorial.

A escritora, actriz e xornalista francesa  Anne-Marie Cazalis (1920-1988) publicou esta obra en 1944. A edición feita a man está considerada unha verdadeira xoia editorial xa que só se imprimiron 250 exemplares da mesma.

A nova edición poderá mercarse na principais librarías do país ou solicitala vía postal (por un prezo para envíos dentro do Estado Español de 15 euros).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


3 + 6 =