medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O primeiro volume das obras completas de Vidal Bolaño estará nas librarías este mesmo outono

Vidal Bolaño

Aproveitando que as Letras de 2013 estarán dedicadas ao autor compostelano, a editorial Positivas será a encargada de lle redescubir ao gran público unha das cimeiras da literatura galega das últimas décadas. O primeiro volume das obras completas de Roberto Vidal Bolaño vai estar á venda neste mesmo ano.

Dende Edicións Positivas deron a coñecer esta semana como será a estrutura destas obras completas. O primeiro volume, que vai estar dispoñible este mesmo outono, leva por título “Agora” e comprende as seguintes obras de Bolaño: Integral; Animaliños; ¡Anxeliños¡; Criaturas; Rastros; e Saxo tenor. Ao longo do vindeiro ano editaranse outros catro volumes.

A editorial ofrece a posibilidade de que os particulares poidan mercar anticipadamente a colección completa con desconto económico

2 comentarios a O primeiro volume das obras completas de Vidal Bolaño estará nas librarías este mesmo outono

  1. Unha boa nova. Agardo tamén un bo ano de teatro para poder ver exemplo desa obra nos escenarios

  2. Menos mal que hai editoras coma esta que arriscan algo. ¿Como é posible que a obra de Vidal Bolaño estivese como está? Espallada por varias editoras e financiada a súa edición polas administracións públicas (véxase Xerais sempre). Hai que darlle pulo ás novas editoras, que as vellas xa deron o que tiñan que dar, e impediron o que impediron.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


5 + = 9