medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Novela moura

Un artigo de Marcelino Fernández Mallo

Marcelino Fernández Mallo

Sería aquela que se redacta no subsolo, nun buraco na terra. Ou a destinada a vivir soterrada, na escuridade total, agochada da luz. O mercado é a luz. Hai novas novelas de autores ilustres das que se publican douscentos exemplares. Vinte meses de traballo, catrocentas páxinas, que soterramos ó nacer. Escribimos á luz dun candil para afacernos ó subsolo. Os lectores son a luz. Disque o kindel, seica a crise, e máis a falta de apoio público, e os escaparates.

A luz dos escaparates é para os best-sellers escandinavos de novela negra. Lin tres en Agosto, mes de luz intensa, porque marchaba para Noruega. O país da aurora boreal. Dos veráns sen noite. Dende Agatha Christie non lera novela negra, con algunha excepción que prefiro non amentar. Autores escollidos ó chou entre un amplo mostrario de exitosos vendedores nórdicos de libros. Jo Nesbo resultou un creativo de marketing con querencia pola tecla. Contrataríao para a campaña de calquera empresa disposta a chamar a atención do consumidor medio. Anne Holt: deixas de crer nela ós quince minutos de empezar; arrepínteste de tela escollido quince minutos máis tarde; e segues léndoa. Karin Fossum si, a Fossum é unha escritora, pero a súa, por máis que digan as crónicas, non é novela negra. E Ágatha Christie, que é a luz.

Faise novela negra en Galicia, unhas venden como vende Jo Nesbo; outras menos. E hai novela moura, o resto. Que non vende porque o sistema literario galego é o trasmundo. Aí reside, no subsolo, con vocación de buraco na terra.

 

 

4 comentarios a Novela moura

  1. Pode que sexa algo subxectivo, pero non acabo de identificar a obra de Agatha Christie coa novela negra. Antes ben, a dela é policíaca, que non é o mesmo.

  2. Pois si, no fondo tamén é un problema de “sistema literario”, sen dúbida

  3. A nosa literatura é o trasmundo. Hai calidade pero fai falta saber tamén renovar a canteira de lectores en Galiza e conquistar fóra. Sen iso, o futuro é máis marxinalidade.

  4. larapuk falou, e a miña cachola di que falou ben.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + 9 =