medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Momento de reacción

Un artigo de Elba Becerra

Esa mañá, Emilio ergueuse cedo, ultimamente cústaballe moito desfacerse  da seductora postura horizontal. Tiña decidido achegarse á biblioteca pública, o mesmo lugar onde pasara tantas horas de estudiante -calquera tempo pasado foi mellor que esta merda          -murmurou mentres se miraba no espello, o mesmo espello no que levaba un tempo sen recoñecerse.

Elba Becerra

Amañouse mentres soaba “Everything goes my way” unha e outra vez e baixou  as escaleiras con pé medio firme cara o seu destino: as novidades editoriais que a biblio custodiaba espalladas como poderoso reclamo polas baldas.

Emilio decatouse de que ultimamente proliferaban títulos coma Desarrolla una mente prodigiosa, Cómo tener relaciones personales gratificantes, Incremente su poder mental, ¡Eduardo estás despedido! Un relatos sobre cómo superar una crisis personal, Herramientas para afrontar la crisis, Cambio: cómo convertir una crisis en una oportunidad, El Secreto… parece que a inspiración se atopa en crise (tamén)

-A literatura de autoaxuda debe de ser outro deses produtos da cultura de masas-reflexionou Emilio- Miña nai! Dende que apareceu no mercado Cómo ganar amigos e influir sobre as persoas isto é un non parar. Claro, con semellante título… a quen non lle gustaría gozar dunha rede de contactos ós que poder manipular en función do seu propio interese ? (non, non, non falamos de política)

Emilio nunca fora moi amigo deste tipo de literatura (incluso dubidaba de se merecía tal nome), sen embargo, non puido resisitirse ante tan variada oferta.

Pasou semanas buscando respostas nestes libros á tódalas preguntas que lle xurdían.

A súa rutina diaria de búsqueda non efectiva de traballo, brindáballe moito tempo para adicarllo a brainstormings  existenciais, obrigábao a considerar  cales eran os seus obxectivos na vida, cales os pasos que debería seguir para acada-la felicidade, que  era iso da felicidade, como poder organizarse de maneira eficaz mais efectiva, como trocar á crise económica por un intre de éxito profesional e persoal…

Os días pasaban, pero Emilio, lonxe de atopar solucións ós seus problemas, sentíase cada vez máis culpable. -Eu porque non poderei ver de forma positiva este mundo que me tocou vivir? Atoparme ben debería depender de min, só de min e non das circunstancias, debería ser capaz de sentir así, de pensar así…Vaia merda…-

Esa mesma noite, Emilio depositou no caixón da biblioteca os libriños que estudara con tanta atención, sentiu como se sacara un peso de enriba. Chegara a conclusión de que el tiña dereito a facer un alto no seu camiño, a sentirse infeliz; tiña dereito ó fin e ó cabo a un tempo de reacción.

Comentario a Momento de reacción

  1. Estimada Elba: enhorabuena por saber explicar de manera tan concisa un sentimiento que cada vez arraiga más en nuestra juventud. Por cierto todos aunque no queramos influimos en nuestros amigos y, por tanto, los manipulamos, eso si, somos incapaces de controlarlo (afortunadamente). Es la teoría de los 3 grados de separacion: tú influirás no solo sobre tu amigo, sino sobre el amigo de ese amigo y este a su vez sobre uno propio. Asi que: no podemos dejar que cale esto que tú tan bien expresas o pronto estaremos todos contagiados!! Mucha suerte!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


9 + 1 =