medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Miradoiros con vistas á estupidez

Un artigo de Moisés Álvarez

Preciso dunhas vacacións. Cheguei ao verán facendo cálculos das posibles vías de fuga da rutina: o avión, a tenda de campaña, un refuxio en África, unha travesía pola meseta. O que máis me gusta dunha viaxe é o proceso previo: organizala. Aí radica a ilusión. Pero neste tempo de estrangulamento económico e rebaixas sociais, as ilusións adelgazan ata a anorexia. Así que, recortando expectativas, quedamos en casa. Sen viaxe.

Moisés Álvarez

Moisés Álvarez

Non foi premeditado, pero acabei por compartir a miña frustración cun cómic que comeza así: “Xullo. Tras 11 meses de aburrirse mortalmente en casa e no traballo, os urbanitas senten unha irreprimible necesidade de cambio. E van aburrirse mortalmente a outros lugares”. É Agencia de viajes Lemming, a tradución ao castelán dun cómic de José Carlos Fernandes, o autor de A peor banda do mundo.  O álbum recolle a serie que en xullo e agosto de 2005 publicou Fernandes cada día no Diário de Noticias. Na busca dun destino ao que trasladar o seu sopor, o Sr. Zoloft, arquivista da Secretaría de Estado da Procrastinación, visita a axencia de viaxes Lemming. O propietario cóntalle con gran detalle os sorprendentes atributos turísticos de cidades de toda pelaxe: Dulia, carente de calquera motivo de interese; Prizerv e o seu Museo de Cera das Persoas Banais, onde só poden figurar os que nunca fixeron nada salientable na súa vida; Pródromos, onde o azar se transforma en destino; Gibil, a cidade dos artistas pirómanos…

Ao xeito das cidades invisibles de Italo Calvino, coñecemos un feixe de lugares tan irreais como próximos. Co estrañamento que Fernandes imprime ás súas obras (sucesión de profesións ridículas, apelidos centroeuropeos e un aire a cine clásico verquido en sepia), viaxamos a cidades extravagantes con certo aire familiar. Non me sorprenden museos anódinos como o da Reforma Administrativa de Sloth e creo posible ver cargueiros como os que levan á fábrica de papel de Hrabal montañas de enciclopedias de bricolaxe e certificados de estulticia.

Pero non hai cidade tan desacougante como a que se describe ao final do libro. Lemming narra un soño no que Deus entra na oficina e lle pide que o convenza de por que non debe destruír con furia divina calquera desas cidades que promociona nos seus folletos. Tralos febles argumentos do comercial, Deus enumera as características da máis deforme e patética das cidades: a súa, a nosa cidade, o contraditorio resultado da nosa maneira de vivir. A civilización (e cito a Fernandes, a Lemming ou a Deus) das vías rápidas tapiadas por promesas de paraíso, rúas enteiras dedicadas á explotación da credulidade allea, depósitos clandestinos de graxa procedente de clínicas de liposucción, campos de concentración para misántropos, pastelerías revestidas de azulexos e penumbra, parques de atraccións para necrófilos solitarios, camións de transporte de ansiolíticos e antidepresivos, osarios de electrodomésticos sacrificados no altar da obsolescencia programada, miradoiros con vistas á estupidez… “A isto chaman cidades? Lugares onde a máxima expresión da vida comunitaria consiste en que se reúnan 30 descoñecidos nunha sala para suar xuntos e inhalarse os miasmas duns a outros? Froitos malditos do contubernio de empresarios rapaces, edís venais e urbanistas amblíopes? Non vos entreguei a Terra para que a cubrísedes de pústulas!”.

Desde a horta, apañando uns tomates e devecendo por unha viaxe que me devolva aquí cunha boa canción nos labios.

 

Comentario a Miradoiros con vistas á estupidez

  1. As viaxes que temos no maxín poucas veces coinciden coas que realizamos fisicamente. Hai viaxes imposíbeis, outras que non se levarán a cabo endexamais e outras que quedarán en datas segredas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + = 13