medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

María López Sande gaña o Premio de Narrativa Repsol

Lectura do fallo do xurado

A forma das nubes, ese é título da obra galardoada na sexta edición do Premio de Narrativa Breve Repsol, que convoca a empresa do mesmo nome e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. O xurado gabou a calidade dunha “peza intimista de temática psicolóxica que dá conta da viaxe interior dunha muller, no seu paso da infancia á xuventude”.

O xurado composto por María Canosa, Dolores Vilavedra, Carlos Lema, Xavier Alcalá e Darío Xohán Cabana, seleccionou a obra premiada entre un total de 41 orixinais presentados, o maior número chegado de todas as edicións.

María López Sande (Lugo, 1973) é doutora en Teoría de Literatura e Literatura Comparada pola USC. Actualmente dedícase á docencia, compaxinando a docencia no ensino medio coas tarefas de profesora asociada na propia USC. En 2007 gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio coa obra Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + = 10