medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

As baleas e o esquecemento

Un artigo de Isabel G. Couso

Que non o saiba o vento namorado

Que vai agarimando unha a unha as praias

Bernardino Graña

En Sandefjord, a tan só 120 quilómetros de Oslo, en Noruega, pódese visitar o único museo da balea de todo o mundo. E alí fica un bocadiño da nosa propia historia (a uns 3.200 quilómetros), da esquecida historia da caza da balea na Galiza.

Fábrica de despece de baleas na Galiza (Caneliñas, Cee)

O 27 de abril de 1980, no peirao de Marín, dous buques baleeiros da empresa Industria Ballenera SA, IBSA (que viña de unirse á empresa dos irmáns Massó) foron afundidos pola explosión de dous artefactos colocados no seu interior. Falouse entón dun atentado que foi reivindicado polo colectivo ecoloxista Green Peace. Aló foi o Ibsa I, que segundo as crónicas explosionou as 12:40 do domingo, e tamén o Ibsa II, que afundía unha hora e vinte minutos máis tarde, nunha segunda explosión.

Aquel foi o inicio da fin da caza da balea en Galiza, unha industria que nos anos 70 capturou no noso litoral, nun banco de rorcuais que se estendía dende unhas 70 millas de Fisterra até a mesma costa de Portugal, 4.338 baleas (segundo os datos da Sociedade Galega de Historia Natural). En mareas duns oito días, un barco podía capturar máis de 100 cachalotes ao ano que se exportaban principalmente a Xapón.

En outubro de 1985 matouse a última balea en augas galegas. En 1986, as presións de accións ecoloxistas como a de Marín conseguiron que se aprobase a moratoria que prohibiu a súa pesca e acabou por desmantelar a flota coa que IBSA se convertera na empresa que máis exportaba ao Xapón de toda a península. Non foron os mariñeiros galegos os que esquilmaron a especie, as dimensións da industria galega eran ben humildes fronte a potencias como Noruega, Xapón ou Rusia, mais non se pode negar a crueldade das súas prácticas.

No Museo Massó de Bueu, unha discreta sección adícase á caza da balea. Poden verse alí as coitelas empregadas para o despece do animal na factoría, un canón arpoeiro, arpóns manuais ou cadeas para o seu arrastre. Exemplo da crueldade desta actividade é o propio arpón que se utilizaba nos últimos anos: 80 quilos de peso e cunha granada explosiva na punta para acelerar a morte do cetáceo. O CGAC ten fondos audiovisuais que amosan imaxes da brutalidade desta “arte” de pesca.

Alá foron 32 anos. E nada fica na Galiza, á marxe dos meritorios exemplos do Museo Massó e do CGAC, que nos faga lembrar esta parte da nosa recente historia patrimonial mariñeira. Punta Balea (en Cangas),  Caneliñas (en Cee) e Morás (en San Cibrao) foron os lugares que acolleron as factorías de despece. Pouco máis que vellas ruínas decadentes nos ofrecen a memoria daquela florecente industria da que viviron máis de 200 familias galegas. Ante a ignorancia e desinterese dos nosos gobernantes, agardan a que o tempo borre definitivamente a súa pegada. Mentres, só fican as lembranzas dos máis vellos.

Outra cousa ben diferente sucede en Sandefjord. Alí foi parar o Ibsa I, que se pode visitar, percorrer en todos os seus recantos, no seu Museo da Balea. Aquel barco que afundira no porto de Marín somerxendo o futuro dos baleeiros canda el, é unha das xoias daquel museo noruegués. Rescatárono do camiño do desguace, cando apodrecía no porto de Cee. Cunha campaña popular de achegas económicas conseguiron acondicionalo e remolcalo rumbo a Noruega. Despois, vellos mariñeiros da industria baleeira traballaron como voluntarios na súa restauración. Un exemplo da valorización patrimonial e histórica da que, tristemente, estamos moi moi lonxe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 1 = 6