medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

A fronteira – e o escravo – que somos

Parto da miña convicción de que as palabras teñen sempre intención significativa, e isto é para min tan certo para o discurso científico como para o discurso político e a narrativa. Parto, tamén, da miña convicción de que non existen suxeitos non sometidos a sentimentos e desexos profundos, nin tampouco suxeitos non condicionados pola súa circunstancialidade social, política e institucional. Partindo destas conviccions, así pois, resúltame case imposible concebir a capacidade creadora das palabras como unha capacidade que non sexa incómoda a cotío para os poderes establecidos, mesmo cando non temos intención de enfrontarnos directamente con eles.

Diego Taboada

Diego Taboada

Non teño nin idea de linguaxe e historia musical, mais teño a intuición de que mesmo a linguaxe musical é, ao seu xeito, un discurso, tan arraizado na particular sensibilidade das persoas coma condicionado epocalmente. Cando falamos, en certo modo, con máis ou menos intensidade, falamos tal como nos falamos a nós e con nós mesmos, e nesa tensión interna entre pensares e sentires está a cadencia e a musicalidade diso que alguns críticos tenden a chamar a voz narrativa, a voz que conta e da forma ás cousas, dotándoas de significado.

A boa poesía sempre sona e sempre significa. Ás veces mesmo nos ensina a ollar de determinado xeito, como a instantaneidade contemporánea da fotografía, hoxe, ou a clásica e lene paciencia da pintura, outrora. A boa música, pola súa banda, leva sempre unha poética subxacente, mesmo nos suxire imaxes e situacions sen necesidade de palabras. Non entendo, así pois, que unha novela ou un novelista non se preocupe por sonar de determinado xeito, por tratar de significar o caos da realidade que o circunda, por tratar de ensinar determinados ambientes… ou por dotar ao seu pulso narrativo de determinada poética. O noso xeito de comunicarnos e de comunicar está tan condicionado polo medio como a linguaxe das baleas e dos golfiños, así que sería pretencioso querer ignorar a profundísima influencia que, a día de hoxe, a poesía, a música, e sobor de todo, as imaxes, teñen no noso xeito de narrar e na configuración dos nosos imaxinarios sociais, tanto os que se deixan arrolar polos brazos de Eros coma os que se deixan arrolar polos de Tanatos.

A pulsión tanática é sempre destructora, aspira a dar unha forma definitiva ao fluir das cousas. A pulsión erótica é sempre creadora, deixa que as cousas flúan, e nese fluir trata de experimentar e investigar os múltiples xeitos de significala; “Yo no busco, hallo”, decía Picasso. Discordo un chisco : do mesmo xeito que non existen miradas azarosas – cando menos, cando as consideramos estéticamente dignas de atención -, nin para os fotógrafos nin para os non-fotógrafos, tampouco existe o desvelamento científico e artístico non motivado por certo espíritu de procura. Somos seres sedentos de lus, e mesmo a estética do absurdo, no seu nihilista desencanto coa modernidade, xermola para sublimar a dor que a mesma causa.

A vida, persoal e colectiva, non para – e a cabesa, tampouco- : a estética do absurdo, así como a experiencia Sartreana da nausea, non poden pretenderse a sí mesmas como diagnoses definitivas da condición humana contemporánea. É radicalmente imposible pretender a mudanza de certos hábitos, mentais e prácticos, profundamente arraizados na nosa civilización, militando no pesimismo absoluto, cousa que sí é posible adoptando un firme e mesurado optimismo, mesmo sendo conscientes de que a nosa actual situación civilizatoria só pode entenderse dende a imaxinación distópica consciente da posibilidade de chegar a un verdadeiro e irreversíbel colapso ecolóxico.

Hai uns días escribín un artigo nese respiradeiro de liberdade e pluralidade que é o xornal dixital Praza pública. O artigo, titulado “Unha nova linguaxe – para un novo suxeito”, recolle as conclusions tiradas dunha interpretación persoal encol dun desafortunadísimo e patético artigo tripartito publicado no diario El país, firmado por Felipe González, Valery Giscard e Michelangelo Barachi. Neste artigo, finalizaba do seguinte xeito o meu desexo persoal de rachar cos esquemas cognitivos dun humanismo convertido en pura administración eurocéntrica e colonial pola clase política máis oportunista e degradante desa Europa sumida nun proceso de descomposición política e económica caseque irreversíbel, e cun futuro máis que incerto como bloque :

-“Quizais, o máis honesto e constructivo que podamos facer é trocar os puntos e finais en interrogantes para comezar a pensar mentras andamos, agora que xa somos conscientes da trampa histórica que se agocha baixo a linguaxe e a ciencia colonial : ¿Qué –nova- ilustración?. ¿Qué –novo- liberalismo?. ¿Qué –nova- ciencia social?. ¿Qué –modelo- de progreso?. En resumo, ¿qué semente moral, política, e estética queremos para unha nova humanidade. Ou, cando menos, para unha nova concepción do humanismo?”.

Como non só existen as preguntas abertas da razón, senon tamén as preguntas abertas do corazón, engadiría a este parágrafo que unha firme e decidida disidencia é o imperativo máis honesto que podemos adoptar os escritores e científicos – galegos ou non – conscientes da complexidade e da laboura colectiva que supón reconstruir – tanto dende o ámbito académico, como dende a sociedade culturalmente activa – un novo humanismo. ¿Porqué digo isto?, de novo, principio de realidade : dígoo porque vivimos nun país, Galicia, no que as súas elites intelectuais – penso, en abstracto, e con moito descoñecemento, na Xeración Nós e nos Seminarios de estudos galegos – non só non lograron interiorizar no seu pobo un retrato colectivo que lles servise de estructura de actitude e referencia (Edward Said), senon que ademais foron estigmatizadas, perseguidas e torturadas polo mero feito de inténtalo. Ademais, vivimos social e politicamente vinculados a un estado, España, que, coma tódolos estados modernos, asume un modelo cultural e económico que barre por completo todo resto de cultura obreira e campesiña singularizada.

As encrucilladas políticas que nos esperan son tan complexas, así pois, como as encrucilladas estéticas e científicas : un re-pensamento, reflexión e reconstrucción comparada sobre as vellas e novas formas do pensamento político, tanto coma un re-pensamento, reflexión e reconstrucción comparada sobre as vellas e novas formas de pensamento e expresión estética, semella cada día máis urxente a nivel planetario. Este re-pensamento, reflexión e reconstrucción do humanismo, en Galicia, non podería darse noutra circunstancia que na súa condición de país periférico e subalterno vinculado políticamente a España, un estado semi-periférico con soberanía integralmente secuestrada cuxa clase política é aínda incapaz de recoñecer a propia diversidade socio-lingüística e cultural que o compón. Dubido que a política científico-académica estatal poida estar á altura das circunstancias ou teña sequer conciencia e capacidade de anticipación ante as encrucilladas civilizatorias que tirá que encarar a humanidade nun futuro a corto-medio prazo.

Son tempos de facer pensar – e sentir – á subalternidade e de porlle palabras. Tarefa complexa, delicada e difícil, pois implica rachar con fronteiras científicas, culturais e políticas. Implica, en definitiva, ir na procura de lus e rachar coa fronteira – e o escravo – que consentimos interiormente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 2 = 4