medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Queda deserto o VIII Premio Biblos

Intervención de Tucho Calvo durante o acto. Foto: Casa Grande do Bachao (Facebook)

Nunha cerimonia realizada o pasado venres na Casa Grande do Bachao, o xurado da VIII edición do Premio Biblos-Pazos de Galicia decidiu deixar deserta a oitava edición deste certame adicado a novelistas menores de 25 anos que non teñan obra publicada. O xurado estaba composto por Iria Morgade, como gañadora da última edición; Tucho Calvo, como representante da editorial; e Maria Xosé Queizán como titora do hipotético premiado.

Tanto Tucho Calvo, en representación da editorial, como Javier Goyanes, en representación da Casa Grande do Bachao (que é hoxe o principal apoio do premio) apuráronse a deixar fóra de toda dúbida a continuidade do premio. Tanto Calvo como Goyanes consideraron que o feito de deixar deserto o premio debe servir como aliciente para repensalo, principalmente coa intención de acadar un maior índice de participación entre a

Asistentes ao acto celebrado o venres na Casa Grande do Bachao. Foto: Casa Grande do Bachao (Facebook)

mocidade afeccionada á narración, aínda dende o lado de dentro.

Foi María Xosé Queizán quen leu o veredicto do xurado, na súa condición de secretaria do mesmo, e explicou esta decisión en base á súa vontade de manter o compromiso coa calidade dos textos que resultan do final deste proceso, despois do asesoramento dun titor, rol que teñen desempeñado escritores como Méndez Ferrín, Manuel Rivas, Darío Xohán Cabana, Fina Casalderrey, Helena Villar Janeiro, Xavier P. Docampo ou Agustín Fernández Paz.

Comentario a Queda deserto o VIII Premio Biblos

  1. Sempre me pareceu algo verdadeiramente estraño que un premio literario fique deserto. Custa crer que entre as 20, 40 ou 80 obras presentadas, non haxa unha soa que o xurado estime axeitada. No caso presente, ademais, nin sequera se presentan obras completas, senón proxectos. É moi raro que nin un só deles fora susceptible de encaixar. Non parece tan complicado chegar a un acordo co autor para que os regos acaben confluindo. Non comprendo estas decisións, mais tampouco coñezo os proxectos presentados, obviamente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


6 + = 7