medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Poesía contra a mina de ouro de Corcoesto

Igual que tantas outras veces ten acontecido na historia recente dos movementos civís en Galiza, a literatura volve poñerse ao servizo do cotiá, desta volta usando como pretexto a mina de ouro de Corcoesto. Así, está previsto que o vindeiro sábado 11 de agosto se celebre, probablemente na casa dos veciños do Couto, un recital en protesta contra a mina de ouro cuxa aprobación definitiva está prevista para finais deste ano. Segundo informa a AELG, para este recital estaría confirmada a participación do músico Serxio Moreiras, así como dos poetas Paco Souto, Xosé Lois Cabanas, Miguel Mato e Óscar Souto.

Trátase dun recital en protesta contra a mina de ouro de Corcoesto, proxecto en fase avanzada de tramitación por parte da Xunta de Galicia, para unha explotación que sería realizada pola empresa canadense Edgewater Explotation ITD, que abranguería actuacións en terreos pertencentes aos municipios de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso. As protestas cidadás, dentro das que se encadra esta actividade, céntranse no impacto ambiental e paisaxístico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 6 = 12