medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Pirola e licor-café

Un artigo de Albert Tortajada

Adalaida mirou a dependenta con incredulidade. A moza tiña una ducia de caixas de alegres cores, ciscalladas por enriba do mostrador e levaba posto un sorriso cómplice algo forzado, de luns pola mañá; non debera esperar moito máis.

Albert Tortajada

-Framboesa, chocolate, canela, cola, menta… Ata os farán con sabor a gazpacho, algún día… Pero paréceme incrible que non haxa condóns con sabor a pirola, carallo…

Adalaida marchou do sex-shop indignada, disposta a cantarlles as corenta os directivos de márketing da multinacional da anticoncepción baseada nas fundas de látex para penes. O seu hobby favorito era cumprimentar follas de reclamacións e esta vez íanse a enterar de ben. Se queren disimular o gusto do látex, que mellor forma que engadirlle o sabor orixinario da felación…

A longa e vehemente carta impresionou as mentes pensantes do departamento de marketing e decidiron ofrecerlle un posto de traballo no novo Departamento de Sabores.  Como a introdución do de pirola tivo un (obvio) éxito de vendas, pronto empezaron a desenvolver variantes do mesmo.

Ao pouco tempo lanzaron ao mercado condóns con sabor a negro senegalés (só para as tallas da XL enriba), a cubano masisón (miamol) a futbolista de elite (No, bueno…), a eurodeputado (¿hai políticos con máis sexapíl, a pesar do pouco glamour que lles queda?), mais o de Alto Directivo de Multinacional (que non precisou de casting externo). Todo isto segundo o que os estudos de mercado indicaron coma as preferencias das clientas (e clientes) obxectivas (e obxectivos).

Cara o test final do produto houbo que contrastar o sabor dos condóns co orixinal, por suposto. Iso supoñía ter una pirola tras outra na boca durante a maior parte da xornada laboral, alternando as naturais coas de látex recubertas cos preservativos da casa. A Adalaida non lle supuxo problema algún. Nun mercado laboral onde a maioría dos traballadores se lles dá (ainda que sexa figuradamente, doe tanto na autoestima coma a forma literal) polo cu a diario, por menos de 1000 euros o mes, andar mamando penes, cunha nómina preto de 6000, limpaba ben a conciencia.

Nun deses tests, o do negro senegalés, Adalaida coñeceu a Lucas, un fermoso exemplar afroamericano orixinario de Dakar. A paixón xurdiu case ao instante e Lucas esperaba tódolos días, impaciente, a súa namorada a saída do choio. E os dous corrían ao apartamento dela, a entregarse no intercambio de fluídos corporais, sen importar o que sucedía mentres tanto fóra da súa burbulla de oxitocina.

Na cama (e na cociña, no sofá, o ascensor e outra ducia de lugares, algúns deles audaces, coma o tellado, con Adalaida contemplando a rúa mentres Lucas a zumbaba dende detrás) compenetráronse moi rápido, o que levou a que Lucas marcase algunhas faenas memorables. Ela, aínda cos últimos espasmos do orgasmo axitando a súa entreperna, aplaudíalle entusiasmada, rindo. El, divertido e co ego polas nubes, apuntaba cos polgares as costas, coma fan algúns futbolistas sinalando o seu nome na zamarra.

Algunha vez, o senegalés, totalmente emputecido, marcou tres orgasmos de tacada. A primeira delas, Adalaida firmoulle o condón cun rotulador indeleble para que Lucas o levase para a casa e o gardase coma recordo do hat-trick. Aos dous gustáballes o fútbol, que queres…

Cando levaban tres semas xuntos, convidaron os amigos comúns a unha cea na casa del. De postre serviron un bolo cunhas velas que marcaban o número cen. Os asistentes a cea tardaron un pouco de tempo en darse conta que o que estaban a celebrar era o primeiro centenar de quiquis. Follaban tan ben que algunha vez pensaron en levar público, sobre todo á hora da sesta, que era cando mellores envorcadas lles saían. Cun bo mánager, probablemente poderían ter saído de xira e facer algúns bolos no verán.

A felicidade de Adalaida repercutiu moi positivamente na súa creatividade no traballo e foi escalando postos cunha rapidez envexable. Ao ano de desenvolver os gustos rexionais, fixéronlle una homenaxe no departamento de Turismo da Xunta. Os condóns con sabor a licor café están hoxe en tódalas tendas de recordos e hai poucos produtos típicos (a tarta de Santiago máis o queixo de Arzúa, por exemplo) que leven para a casa os turistas coma algo tan representativo de Galicia.

Hai veces que os estudos de mercado dan no cravo. Non é mérito meu se non de todo o equipo de marketing, manifestou Adalaida ao recibir a Medalla de Ouro de Galicia, das mans de Núñez Feijoó.

Nota: a acuñación do (xenial) termo “emputecido” non é, lamentablemente, miña, mais quixera eu que ter feito ese aporte á lingua. O orixe hai que anotarllo a Roberto Fontanarrosa, do que, moi lamentablemente, non se pode atopar ningunha publicación de primeira man, debido a un litixio pola herdanza dos dereitos das súas obras.

 

2 comentarios a Pirola e licor-café

  1. Paspán de cores

    Non podo parar de rir… E iso que xa hai media hora que ho lin…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 3 = 4