medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Pedra e cartón

Un artigo de Vidal

Vidal

Vidal

Xavier Alcalá, a propósito da saída do prelo da súa última novela, Verde oliva, centrada na saída de galegos cara Cuba hai cento e tantos anos, comentaba que non comprendía como aquí, ata o momento, non se ten aproveitado literariamente a “épica” da emigración. Afirmaba que todo escritor galego debera ter a súa novela sobre o tema, o cal, segundo el, “da para todos”.

Isto fíxome pensar que ese “todos” poida ser un xenérico preguiceiro. Polo menos, eu non me vexo dentro dese conxunto no tocante o asunto que tratamos. Falo de que Alcalá puido ser desleixado nese xenérico, pero non máis, en todo caso, do que poida selo eu á hora de me documentar antes de sentar a escribir unha novela. Nunca se pode dicir nunca, pero hoxe non me imaxino rematando unha novela histórica, poño por caso. Tampouco, e a isto ía, unha sobre galegos na Pampa, Cali ou Camagüey. Xamais me divertín estudando no seu tempo, nin acho divertido agora saír á rúa co caderno ou a gravadora na man a pescudar aquí e acolá, visitar posibles escenarios, erguer nubes de po de toneladas de burocracia esquecida… Non. Niso paréceme que son coma Rod Stewart, a xulgar polo que dixo na presentación dun disco recente: “Eu non son Tom Waits, non me divirto compoñendo”. Pois eu non son coma Xavier Alcalá: non me divirto documentándome. (Aínda que tampouco se me ocorrería equivalente literario a Do You Think I’m Sexy?).

O caso é que esta visión academicista da literatura continúa a ser a predominante aquí; hai quen fala do “gozo” da literatura, supoño que pensando como lector. Cando me publicaron A Balada, a editora díxome, distraida, algo así coma: “En principio, pensabamos metela na colección xuvenil, pero ó final dixemos, veña…” Vaia, que non resultaba solemne dabondo para ser chamada literatura para adultos. Non soaba a tese doutoral. Non soaba seria.

É un dos simplismos máis aceptados no mundo literario.

Eu, lonxe desta teoría, non atopo censurable que un escritor sexa algo irresponsable. Non me parece mal que se valore o esforzo que supón a procura da coherencia documental, mais acho trabucado que se entenda coma algo imprescindible. Arte non é sufrimento por definición; non para min. Nin tampouco todo o que non sexa produto dun esforzado traballo de investigación é algo doado que calquera o fai. Sen ir máis lonxe, a moitos esforzados investigadores literarios capaces de recrear ó detalle a vida diaria durante o reinado de Witiza (non é pouco) tal vez lles resulte imposible enfiar dous versos, ou dúas palabras que duren na memoria máis doutros tantos días.

Esas cousiñas que non saen do caderno, nin da gravadora, nin dos papeis amarelecidos, nin sequera das viaxes, e que confiren alma a unha creación literaria. Con certa frecuencia, o problema de best-sellers ou literatura de denuncia política, e tamén, aínda que pareza mentira, de obras estilística e lingüisticamente moi traballadas, adoita ser que a casa está armada con extremo coidado, conforme a un plano calculado ó milímetro e modificado cento dúas veces ata acadar a maior proximidade á perfección técnica, pero con ladrillos de cartón.

A falta de poder unha obra literaria acadar a perfección, eu son dos que, aínda que queden algunhas tellas soltas ou o perímetro vaia tres centímetros máis longo dun lado, prefiren a pedra de cantería.

2 comentarios a Pedra e cartón

  1. Acordo contigo, Vidal. Nunca construiremos unha casa perfecta, perfectamente aliñada, perfectamente distribuida, coas fiestras precisas e o salido aquelado…As nosas igual non teñen ventás, ou se as teñen seguramente non cadran á mesma altura nin son todas da mesma feitura; se cadra, esquecemos de facerlle cheminea ou o tellado non cubre toda a casa. Poida que ás veces nin semellen casas. Pero non somos arquitectos (eu polo menos non)nin queremos selo. Mai ben afoutados albaneis.

  2. Abofé, José Luis. Xa intentara eu antes comparar entre o que vén sendo literatura técnica e o que vén sendo literatura de impacto, o que pasa é que non callou. O best-seller de método científico entrou coma raposo famento no curral da poesía hai tempo, é sabido. Como o é que, na narrativa galega, ata hai uns anos, había un certo exceso de “transcendencia”. Nunca damos co equilibrio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 1 = 10