medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Heterodoxos nas cadeiras con almofada

A traxectoria que debuxou tras de si Roberto Vidal Bolaño ofrece a posibilidade de “ensaiar varias liñas de traballo crítico e pedagóxico interesantes para a nosa cultura”, tal e como afirma Margarita Ledo. A tensión entre unha actividade cultural directamente dependente de axudas públicas como é o teatro galego e a firmeza das tomas de posición política contidas na obra e nas súas intervencións públicas do dramaturgo compostelán pode resultar un interesante banco de probas para mirar de entender con máis xustiza a figura do home que inventou veas na cidade de Compostela para que os seus veciños puideran entendela mellor.

Disto fala o seu compañeiro Manuel Lourenzo cando chama a atención sobre a posibilidade de aproveitar esta ocasión para “estudar todo o carácter social e económico do teatro: a forma de levar un grupo, de rexilo cos seus fracasos e os seus éxitos. Estudar o que é de verdade o mundo do teatro”.

Alén do traballo específico referido ao subcampo teatral por Manuel Lourenzo, semella que a elección de Vidal Bolaño como homenaxeado para o ano 2013 fai emerxer, polo menos, dúas cuestións interesantes para aqueles críticos interesados pola relación entre unha traxectoria artística e o mapa social e histórico sobre o que esta é debuxada: por unha banda, o estudo do papel da RAG no campo literario galego ao sancionar (positivamente) figuras emparentadas directamente con posicións que aínda son posibles hoxe, tal e como xa acontecera no caso de Lois Pereiro. Pola outra, e considerando a  mediación anterior, reparar na equipaxe que perde polo camiño un proxecto artístico construído en certa medida para (e dende) unha posición heterodoxa, cando é levado á consagración como acontecerá, merecidamente, co autor d´O touporroutou da lúa e do sol o ano que vén. Vidal Bolaño volve abrir o telón e, como daquela, nós sentados a agardar polo bo.

Podes seguir lendo a reportaxe nas seguintes ligazóns:

Vidal Bolaño ou o laboratorio de cultura que fai país

Ábrese o telón, e agora que?

 

2 comentarios a Heterodoxos nas cadeiras con almofada

  1. Pingback: Vidal Bolaño ou o laboratorio de cultura que fai país | Letra en Obras

  2. Pingback: Ábrese o telón, e agora que? | Letra en Obras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 8 = 10