medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Don Roberto a machucán

Un artigo de Antonio Mira

Habemus homenaxeado! A principal festividade zombi recae en Don Roberto e na casa tomamos a noticia con alegría e dándolle ao cubalibre, que un día é un día e un peso gastouse. E iso que non somos moito de celebrar cousas, atención. Levamos, o máis dignamente que sabemos, o emblema dos derrotados, dos que as levan, dos “que se joden”. Non é que non estexamos acostumados a cantar vitoria. É que non sabemos nen a melodía: perdemos ao tute, nos concertos temos un paso de peóns pintado nas costas e as raparigas déixannos por xente coa catadura moral de Melendi. E inda por riba temos que sumar a todas estas desgracias o gusto por complicarnos a vida. Mal asunto.

Representación de 'Laudamuco, señor de ningures'

Confesarei que fun dos que percorreu metros e metros de corredor remoendo nas vantaxes e contras da homenaxe a Lois Pereiro e do que eu, como alguén a quen teimaban en dicir que era docente, ía facer na aula. Afortunadamente para os alumnos agora xa non dou nen sombra, así que a vivir e a gozar do Ano Don Roberto (pasando do Día ao Ano: na casa tamén somos moito de mover os marcos).

Un colega meu, excelente xogador de Scrabble, tivo a xenialidade de parir un tecnicismo marabilloso e, por riba, útil. Estando pola Europa adiante, encontrou restaurantes con menús “As much as you can” (anosando o choio: comer a fartar). Dalí ao machucán e do machucán á gloria lexicográfica pasando pola miña admiración eterna.

Imaxinades un ano Don Roberto a machucán? Non de congresos, “especialistas” que nunca pisaron un teatro e recepcións con pinchito… ou tamén, a ninguén lle amarga unha croqueta e todos temos teimas, mais como algo secundario. Un ano de focos, suor e perdigonazos (disimulen o castelanismo) aos da primeira fila. De Laudamucos e Esmeraldinos amadores, Días sen Gloria e Rastros que nos baten forte no estómago. Un ano e pico (chegamos xa co marco a Ponferrada) de teatro, que é moito máis que a literatura.

Así que cómpre acabar a bebida, pedir a conta e traballar arreo, xa que non é tarefa das institucións saír ao palco. Non sei como nen onde, mais temos don Valerianos, Tipos Raros, Tíos Sam, Minias e Roucos para roer. Temos montes de grupos amadores, escolares, unha ESAD e unha presada de escolas e obradoiros. Hai comensais abondo para o choio.

E ademais a tarefa é xeitosa. Falamos dun autor moi agradecido de facer, que consegue que haxa unha película galega, Doentes, que non nos fai maldicir mentalmente, no escuro da sala, a nosa militancia cultural. Un autor que, de tan clarividente, ben podería ter escrito a delirante historia do roubo do Códice Calixtino, con escena final na que as autoridades, entre distendidos comentarios, apoian as copas de Rioja sobre o tomo medieval. Hai chicha e da que presta.

Así que preparade os bandullos que temos moito traballo por diante. Feliz ano!

2 comentarios a Don Roberto a machucán

  1. Non é discutir por discutir, Don Antonio, ou señor Mira, pero este non lle está mal de todo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


9 + = 12